O Club Kárate Do Carballo volve cheo de medallas do Campionato Galego Cadete e Infantil
Intensa fin de semana para a familia do Club Kárate Do Carballo. Acodiron ao Multisusos do Sar cunha nutrida expedición para participar no Campionato Galego Cadete e Infantil. Dos 12 participantes, 10 acadaron medalla, sendo 2 campioas Galegas, 2 subcampioas e 6 bronces.
En Categoría Infantil Uxía Mariño quedou campiona en kumite xuv. +52kg, mentres Valeria Amarelle e Daniela García García acadaron a medalla de prata en kumite xuv. +52kg e kata inf. Tamén volveron con medalla de bronce Aldara Fernández (kata inf.), Arón González (kata inf.), Marco Canedo (kata alev.), Helia Iglesias - kumite xuv. -37kg), e Lara Bardanca (kumite xuv. -42kg).
Ademais, na Copa Cadete, Daniela García Rey fixo ouro en kumite cad. -61kg, e Van Tien Velo, bronce en kumite cad. -52kg.
