Martes. 20.02.2024
El tiempo

217 ciclistas participan este domingo no ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’

Proba 3h Caramina
217 ciclistas participan este domingo no ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’

Este domingo, 5 de febreiro, Camariñas será a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’ está organizada
pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas.

A competición comezará ás 10 horas. A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo desde as 8:30 ata as 9:30 horas. É un circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na
zona do Ariño e que deixará fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.

Participan 217 bikers, que competirán en modalidade individual.

Comentarios