Dous arqueiros do club vimiancés Dousxsetenta, ao no Campionato de España

Os vimianceses Nico Soto e Yago Rellán representarán ao Club Dousxsetenta e ao Concello de Vimianzo no Campionato de España de tiro con arco en sala que se celebrará o xoves 7 e venres 8 de febreiro en Valladolid.
Ambos arqueiros competirán na categoría Sub15 despois de acadar as mínimas para poder participar.
Nico Soto proclamouse en xuño subcampión galego de tiro con arco de Aire Libre en Pontevedra, de feito nesa mesma competición competiron oito arqueiros do Club Dousxsetenta. Naquela ocasión Yago Rellán estreouse en competición tirando a 30 metros e chegou ata as semifinais, quedando ás portas da medalla de bronce na cuarta posición. Pola súa banda, Nico Soto competeu a un nivel altísimo, superando adversarios ata meterse na final na que caeu por 4-2 e proclamándose así Subcampión Galego.