![Imaxes o Duatlon de Reis Vimianzo 2019]()
Imaxes do Duatlón de Reis Vimianzo 2019
Foi un domingo especial o pasado 13 de febreiro en Vimianzo. Era a décima edición e o Concello de Vimianzo quixo xuntar ao
cadro de honra dos gañadores das 10 edicións. Non houbo pleno (só faltaron tres que non puideron asistir por lesións e cousas persoais) pero si se rozou e conseguiron esta fermosa foto de familia, cos campións e campioas das anteriores edicións e todos eles recibiron un trofeo de agasallo para conmemorar os 10 anos da proba.
![Foto do cadro de honra das 10 primeiras edicións dos Duatlon de Reis de Vimianzo]()
Foto do cadro de honra das 10 primeiras edicións dos Duatlon de Reis de Vimianzo
O día era perfecto para unha proba deste estilo, con temperatura agradable, nada de vento e sen choiva. Había moito público nas zonas de chegada, máis que nunca, para animar aos case 230 participantes (só faltaron 12), chegados das 4 provincias galegas. Foron máis de 2 horas de lama e brega, tralos que volvía gañar Manuel Piñeiro (campión galego duatlón cros 2018), campión no 2018 e Mar Delgado (campioa de España de Orientación en bicicleta de montaña 2018), campioa no 2017 e 2018.
Ademais, bateuse o récord do circuíto, que estaba en posesión de David Calzas dende o 2017 (1h19m05s). O novo récord esta en posesión de Manuel Piñerio cun tempo de 1h16m,11s. “Vai ser moi difícil de bater”, apunta un dos organizadores, o técnico de deportes vimiancés Víctor Santos.
A novidade deste ano foi a competición por parellas que tivo moi boa acollida e que foi un gran éxito, xa que lle dou moita máis emoción á proba.
Clasificacións
![Manuel Pineiro e Mar Delgado campions do Duatlon de Reis de Vimianzo 2019]()
A clasificación absoluta masculina foi a seguinte:
- Manuel Piñeiro (Lugo)
- David Calzas (Vimianzo)
- Gabriel Castiñeira (Vimianzo)
Absoluta feminina:
- Mar Delgado (Coruña)
- Marta Barbeito (Narón)
- Priscila Suárez (Ponteceso)
Local:
- Marco Castiñeira
- Victoria Fernández
Parellas masculina:
- Daniel García Recarey e Arturo Ramos Rey (Club ciclista Santa Compaña, Santa Comba)
- Martín Regueira Rellán e Carlos Súarez Doval (Ferretería Central, Vimianzo)
Parellas feminina:
- Ana María Vilas Pérez e Dolores Rey Da Silva (nai de Arturo Ramos que gañou en categoría parellas masculina. O pai de Arturo tamén participou na proba en individual posto 13) (Club Triatlón Compostela)
- Beatriz Olveira Traba e Alicia García Cruz (A.D. Olimpia)
Parellas mixtas:
- Jose Calviño Carreño e Maria Gonzalez Martinez (Orixinal Mgm Team 2, Lousame)
- Toñito Pardiñas Mallon Noelia Amado Fernandez (Madialeva, Laracha)
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/os-reis-rubiron-os-montes-de-salto-en-bici-de-montana/