A emoción do deporte superou á tensión do COVID no PreEstatal de Tenis de Mesa de Zas

O Pavillón de Zas acolleu esta fin de semana todo un Torneo PreEstatal de Tenis de Mesa. A elite galega en categorías benxamín, alevín, infantil, alevín e xuvenil. Se ben é certo que había certa nerviosismo e inquedanza, a psar da excelente organización (Concello, Federación Galega de tenis de mesa, empresa Albor Atlantico SL, responsable do protocolo covid10 e club AD Zas) pronto o a emoción do deporte superou a tensión provocada polo virus, e permitiu que se desenvolvese unha xornada ben divertida.
O Campionato cumpliu con todos os protocolos e os 164 deportistas mantiveron as indicacións.
En canto ao nivel deportivo, como se esperaba viuse un gran nivel nas categorias de base, ata hoxe, onde se notou os bos entrenos a pesar da pandemia e tamén as concentracións que fixo o seleccionar galego, o zasense Miguel Rey no último mes. Os poucos que estiveron presentes (delegados, entrenadores, xogadores e árbitros) poideron disfrutar de partidos de moito espectáculo e nivel.
En canto aos xogadores do club AD Zas, o único da comarca que inscribiu a xogadores para este preestatal, Raúl Lopez e Brais Blanco cumpriron con moi boa nota a sú actuación incluso se cabe por riba do que se esperaba. Raúl tiña que quedar segundo no grupo para ter opción de medalla e cumpliuno e acadou un cuarto posto que era a máxima o que podia aceder mirando o nivel do resto dos rivais e por riba de varios con mellor ranking ca el.
En canto a Brais Blanco clasificouse cuarto no seu grupo, era o previsto, e no cruce de cuartos tocoulle enfrentarse a Martin Pintos (xogador de superdivision e gañador final en sub23) ante o que gañou un set e xogou un dos mellores partidos que se lle recorda. Logo nos postos superou a ronda para loitar polo quinto posto no que sucumbiu despois de moita loita e non dar ningun punto por perdido.
Bravo polos dous xogadores de Zas.
Resultados
INFANTIL MASCULINO
- 1* Uxio Pampin de Oroso TM
- 2* Xavi Souto de Arteal
- 3* Brais Chaves de Vilagarcia TM
- 4* Xoan Vila de Narón T M
SUB 23 MASCULINO
- 1* Martin Pintos de Vincios TM
- 2* Santi Otero de Naron TM
- 3* Javi Diz de Club del Mar
- 4* Uxío Regueiro de Vilagarcia TM
- 5* Sergio Pérez de Club del Mar
- 6* Brais Blanco de AD ZAS
VETERANO +60
- 1* Francisco J González de CTM Coruña
- 2* Luis A. Trapiello. de CTM Coruña
- 3* Juanjo Miguelez de CTM Coruña
- 4* Gonzalo Recuna de Vilagarcia TM
BENXAMIN MASCULINO
- 1* Ekain Gomez de Oroso TM
- 2* Alexander Malov de Oroso TM
- 3* Mateo Lois de Arteal TM
- 4* Irinei Gomez de Oroso TM
XUVENIL MASCULINO
- 1* Diego Varela de Club del Mar TM
- 2* Pedro Castro Vilagarcia TM
- 3* Martin Fernandez de Oroso TM
- 4*RAÚL LOPEZ de AD ZAS
ALEVIN MASCULINO
- 1* Andrés Castro de Vilagarcía TM
- 2* Brais Diaz de Porriño
- 3* Martin García de Narón TM
- 4* Enzo Lopez de Narón TM
DISCAPACITADOS
- 1* Santiago Brandariz de GRUMICO (A Coruña)
- 2*Ángel Caamaño de GRUMICO
- 3* Iván Pombo de CTM Mos