Os equipos de base do AD Zas seguen collendo experiencia na competición do tenis de mesa

Enrique, do AD Zas O Pinar, superando ao seu rival de Abapic

Houbo varias concentracións esta fin de semana na 2ª Div. Galega que permitiu que tanto os equipos masculinos de AD Zas O Pinar, o AD Zas A Baña, o AD Zas Cafetería Talladas e o AD Zas Cee; como os femininos do AD Zas e AD Zas A Baña Cee, tivesen unha marea de partidos.

Duro varapau o que levou o AD Zas Ponciano Nieto en Vilagarcía na 2ª Nacional, que confirma a mala serie de resultados do cadro zaseiro. Unha situación que intentarán revertir este sábado na casa co apoio da afección.

2ª División Nacional Masculina

  • Resultado: Vilagarcía TM - AD Zas Ponciano Nieto (6-0).

Despois das duas vitorias nas dúas primeiras xornadas o A D Zas Ponciano Nieto non foi capaz de sacar nada positivo nas seguintes 4 e nesta ultima sufriu un contundente 6-0 ante os líderes do grupo.
Dende o club esperan que a tendencia non mine as gañas e ilusións de cara a vindeiros compromisos sobre todo no que terán este sábado ante un rival máis asequible.

2ª División Galega masculina

  • Resultado: AD Zas O Pinar - CTM Lalín B (4-3).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Arteal TM (4-0).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - CDTM Topspin Abapic (3-4).
  • Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - CDTM Topspin Abapic (1-4).
  • Resultado: AD Zas Cafetería Talladas- CTM Lalín B (1-4).
  • Resultado: AD Zas Cafetería Talladas- Arteal TM (4-0).
  • Resultado: AD Zas Cee - Arteal Tm (1-4).
  • Resultado: AD Zas Cee - CDTM Topspin Abapic (0-4).
  • Resultado: AD Zas Cee - CTM Lalin B (0-4).
  • Resultado: Breogán Oleiros Promesas - AD Zas Baña (0-4).
  • Resultado: Breogán Oleiros Senior - AD Zas A Baña (4-2).

Nos outros enfrentamentos do pasado fin de semana poucas sorpresas, excepto a derrota de AD Zas O Pinar contra os Abapic de A Estrada que se resoviu no último partido e no quinto set, a emoción durou ata o final.

Por outra banda a piques estivo AD Zas A Baña de dar outra sorpresa en Oleiros pois cedeu ante os senior pero con moitas opcións de superalos.

2ª División nacional femenina

  • Resultado: AD Zas Femenino - Cidade Femenino (1-3).
  • Resultado: AD Zas Femenino - Breogan Oleiros F (0-3).
  • Resultado: AD Zas Femenino - Tenis Mesa Pontevedra (0-3).
  • Resultado: AD Zas A Baña Cee - Vilagarcía Femenino (1-3).
  • Resultado: AD Zas A Baña Cee - Cidade Femenino (0-3).
  • Resultado: AD Zas A Baña Cee - Breogan Oleiros F (0-3).

Os equipos femeninos de momento están colléndolle o pulso á competición e enfróntanse a xogadoras novas pero con máis experiencia nos partidos.

Vindeira xornada

Este sábado 18 de novembro no pavillón municipal de Zas as 17:00 h haberá o encontro de segunda nacional:

  • AD Zas Ponciano Nieto - Tijeritas La Pelu de Sixto de Narón.

CRÓNICAS DO TENIS DE MESA