Luns. 07.10.2024
El tiempo

Escapóuselle a terceira vitoria ao AD Zas

Raul López - Martin Quintana
Na foto un momento do partido entre Raul López e Martin Quintana
Escapóuselle a terceira vitoria ao AD Zas

Non puido ser a terceira vitoria do AD Zas Ponciano Nieto nesta 2ª Nacional, e iso que fixeron moi bos partidos todos os xogadores ante un Monte Porreiro que se acabou impoñendo na cita desenvolta o pasado sábado no pavillón zaseiro.<7p>

2ª Div. Estatal

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Monte Porreiro TM (3-4).

Bos partido dos costeiros, en especial Raúl López que estivo espectacular sobre todo nos dous primeiros sets do partido contra Iván Acuña e despois aguantou o intento de remontada do pontevedrés e impuxose no quinto set (3-2 para Raúl), logo seguiu no seu nivel contra Martin Quintana ao que gañou 3-1.

Desta vez non tivo o seu día Roi Sixto e foi superado tanto por Matias Betancourt como por Iván Acuña.

Moi ben tamén xogou Miguel Rey que despois de gañar a Martín escapouselle por moi pouco unha bola que supuña o 2-1 para el fronte a Matias, logo este ramatou ben o cuarto set e poñia o encontro nun incerto partido de dobres. Saían os de Zas con Miguel e Raúl, os que mellor estaban xogando e a pesar de perder 3-0 débese recordar que no segundo e terceiro set foron non desempate e que moi ben poideron gañar.

”Unha mágoa porque o equipo deixou moi boas sensacións, de equipo compacto, con moi bo xogo, con moitos recursos e moi dificil de superar. A pesar desta derrota débese darlle a noraboa por que da gusto velos xogar”, apunta o míster Stevo Lema.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios