Luns. 29.04.2024
El tiempo

O valor social das concentracións de base do tenis de mesa

Tenis de mesa ad zas
Tenis de mesa ad zas
O valor social das concentracións de base do tenis de mesa

Fermosa xornada na 2ª Galega de tenis de mesa cunha concentración celebrada en Lalín. M máis alá dos resultados, este sistema de concentracións resúltalles moi agradable a todos, pola experiencia de compartir cos demais as súas inquedanzas deportivas e socializar toda a xornada.

2ª Nacional Masculina

  • Resultado: Cambados TM - AD Zas Ponciano Nieto (4-2)

Tenis de mesa Cambados TM   - AD Zas Ponciano NIeto

Non trouxo nada posiitvo o AD Zas Ponciano Nieto da súa visita a Cambados. A pesar de xogar como ultimamente o viñan facendo, atopáronse cun Cambados que presentou o seu mellor equipo dispoñible, e batiu aos costeiros. Despois dos bos resultados dos soneiráns, os equipos rivais non van permitir sorpresas e, ante os Miguel Rey, Roi Sixto e Raúl López, van a sacar aos mellores que teñan pois saben do potencial que teñen. Ainda así en Cambados, Miguel Rey e Raúl López gañaron cada un un partido individual. Non foi capaz de facelo Roi Sixto pois tocoulle xogar cos dous mellores dos rivais.

Concentración 2ª Galega Masculina

  • Resultado: AD Zas A Baña - Arteal TM (4-1).
  • Resultado: AD Zas A Baña - CDTM Topspin Abapic (1-4).
  • Resultado: AD Zas A Baña - Lalín B (2-4).
  • Resultado: Breogan Oleiros Senior - AD Zas CafeteriaTalladas (4-1).
  • Resultado: Breogan Oleiros Promesas - AD Zas O Pinar (0-4).
  • Resultado: Breogan Oleiros Senior - AD Zas Cee (4-0).
  • Resultado: Breogan Oleiros Promesas - AD Zas Cafeteria Talladas (4-1).
  • Resultado: Breogan Oleiros Promesas - AD Zas Cee (4-0).
  • Resultado: Breogan Oleiros Senior - AD Zas O Pinar (0-4).

No deportibvo, primeira vitoria do AD Zas A Baña e pleno de vitorias do AD Zas O Pinar que comparte liderato cos de Lalín no grupo centro. Os outros dous equipos formados polos xovenes xogadores en progresión non conseguiron nada positivo en canto a resultados, pero sí na súa experiencia e mellora que se verá pronto.

Próximas citas

  • Sábado 28 de outubro no pavillón municipal de Zas:
    - Ás 17:00: 2ª Nacional masculina: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Vigo.
    - Ás 16:30: 2ª Nacional feminina: AD Zas Femenino - AD Zas A Baña Cee.

Crónicas do tenis de mesa

Comentarios