Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os equipos Master de SYSCA e SAL demostran o poderío bergantiñán nas probas de Salvamento e Socorrismo

Equipo MASTER Sysca
Equipo Master do Sysca en Caldas
Os equipos Master de SYSCA e SAL demostran o poderío bergantiñán nas probas de Salvamento e Socorrismo

Esta pasada fin de semana tivo lugar o Campionato galego Master (maiores de 30) de inverno de Salvamento e Socorrismo en Caldas de Reis, na piscina Antía García Silva, e organizado pol Club Acuático Umia en colaboración coa FESSGA e con Concello de Caldas de Reis. Ata alí se desprazaron os Club SAL da Laracha e o SYSCA de Carballo que demostraron o poderío bergantiñan nesta disciplina.

O Club carballés conseguiu subir ao podio e rematar nunha meritoria terceira posición. Pola súa parte o larachés quedaba 5º mellor club na clasificación xeral e 3º na modalidade masculina.

O SAL

Equipo Master CLUB SAL LARACHA

Os laracheses competiron moi ben, como Luis Rubén Caamaño Verdes (1982) que quedou 1º en atación con obstáculos e 2º en 100 m. socorrista e 100 m. remolque de manequín con aletas. Diego Castiñeiras Rwgueira (1975) fixo 3º en 100 m. socorrista; Juan Jose Gonzalez Ramil (1965) 7º 100 m. remolque de manequín con aletas; Miguel Angel Varela Rodríguez (1977) destaca a súa 5º en 100 m. socorrista.
En categoría feminina Patricia Varela Rama (1978) quedou na 10ª posición en 100 m. socorrista e 100 m. remolque de manequín con aletas.
E en relevos, conseguiron 3 podios: Ruben Caamaño e Diego Castiñeiras foron 2º en Lanzamento de corda; Diego, Juan, Miguel e Rubén subiron ao 3º chanzo no 4x25 m. relevo remolque de manequín, igual que os Diego, Juan, Miguel e Rubén en 4x50 m. relevo combinado.

O SYSCA

Pola súa parte, o Sysca viaxou ata Caldas de Reis cunha expedición formada por 10 deportistas: Adela Viaño, Sandra Puga, Marta Alcoba, Diego López, Elena Alcoba, Robert Cerviño, Jose Martínez, Moisés Periscal, África Alberti e Luz Estela Vanegas.

A nivel individual, en categoría feminina, destacou a gran participación de Adela Viaño, que logrou vencer en todas as probas individuais na categoría máster entre os 40 e os 49 anos. Tamén tiveron unha excelente actuación Africa Alberti, con dous bronces e unha prata no seu casillero; Marta Alcoba, cunha prata e un bronce; e Sandra Puga, que tamén logrou unha medalla de bronce. Ademais, na categoría de entre 50 e 59 anos, Elena Alcoba tamén logrou subirse ao podio ata catro veces, sumando un total de un bronce, dúas pratas e un ouro.

En canto aos homes, destacan as dúas medallas individuais de Diego López, cun bronce e outra de ouro, tras proclamarse campión na proba de trailer maniquí de 50 metros. Tamén puido rematar entre os cinco primeiros nun par de probas máis, igual que Robert Cerviño.

Xa nas probas de relevos, o Sysca tamén acadou excelentes resultados. O equipo feminino rematou a súa participación cun bronce e dous ouros, logrando gañar as probas de 4x50 natación con obstáculos e as probas de remolque de maniquí 4x25. Pola súa banda, o equipo masculino tamén quedou entre os tres primeiros postos en diversas probas, sumando un total de tres medallas, que foron dúas de prata e unha de bronce.

Vindeira cita

A competición non dá descanso, xa que este domingo 2 de abril terá lugar a última xornada da liga absoluta, que se disputará na piscina Rosario Dueñas, en Ourense.

Comentarios