Os equipos de Zas superaron aos de Mazaricos e Vimianzo no comezo das Ligas de Tenis de mesa
Arrincou a temporada e fíxoo con dious derbis, nos que os equipos de Zas levaron a vitoria contra os veciños de Mazaricos e Vimianzo. Os xogadores coñécense moi ben e eso dou que nos dous enfrentamentos os partidos fosen moi igualados cos puntos disputados e largos, pero a maioría dos sets caeron do lado dos de Zas.
3ª División Nacional
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Concello de Mazaricos (4-1)
En 3ª Nacional destacar a Brais Blanco e que lle costou superar a Alex Blanco pero logo non tivo problemas para superar a Javi Rodríguez. Salientar o retorno de Ángel García que non gañou o seu individual pero si acompañou moi ben a Brais no dobre. E o partido clave deste encontro foi o de Raúl López contra David Vilariño (lévanse enfrentando dende que son benxamíns, hai xa 8 anos) e que desta vez Raúl fixo valer os entrenos do verán para superar a David en tres sets. Explicar que en 3ª Nacional o enfrontamento remata cando un equipo gaña 4 partidos e nas ligas Galegas xóganse os 7 partidos.
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - VTM Pinturas Figueiras (4-3).
O AD Zas Dimobel Bazar Baio tivo que recurror a Miguel Rey para superar ao VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo. Destacar neste encontro o partido disputado por José Antonio Pazos e Francisco Paz onde a vitoria de calquera deles daríalle tamén ao seu equipo, pero os nervios traizoaron máis a Paco e así José Antonio levouse o partido e engadido a vitoria para o seu equipo.
Vindeira xornada
Encontros do próximo sábado 5 de outubro. No pavillón de Vite, Santiago de Compostela, ás 16'30:
- 3ª División Nacional: Conxo Ponte de Ferro - AD Zas Ponciano Nieto.
- 1ª División Galega: Zoolandia Conxo - AD Zas Dimobel Bazar Baio.
No pavillón municipal de Vimianzo ás 17 h
- 1ª División Galega: VTM Pinturas Figueiras - SD Hípica de A Coruña
No ximnasio do CPI de Zas ás 17 h
- 2ª División Galega: AD Zas O Pinar - Rias Baixas Guiussepe Anthony de Ribadumia.