mércores. 30.04.2025
El tiempo

Esteiro acolle o vindeiro sábado 15 unha nova proba de Bateis con 100 embarcacións e 500 deportistas

Bateis esteiro 25
Cartaz feito por Uxía Saborido
Esteiro acolle o vindeiro sábado 15 unha nova proba de Bateis con 100 embarcacións e 500 deportistas

O vindeiro sábado 15 de marzo ás 16:00h a Asociación Deportiva Esteirana Remo organiza a "XVIII Bandeira SSG de Bateis". 

A regata está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Remo como unha regata da Liga Galega de Bateis - Zona Norte, na que participan clubs da provincia de Lugo e A Coruña, en todas as categorías, desde os máis cativos (alevíns) ata adultos (absolutos). 

Os clubs participantes son o C.R. Celeiro, C.R. Narón, C.R. Ares, C.R. Cabo da Cruz, C.R. Cedeira, C.R. A Cabana-Ferrol, C.R. Muros, C.R. Puebla, C.R. Rianxo, C.D.M. Mera, C.M. Mugardos, C.R. Perillo, C.R.N. Riveira e a A.D. Esteirana Remo.

En total daranse cita en Esteiro ao arredor de 100 tripulacións, sobre 500 deportistas de todas as idades, que virán a competir nesta proba.

Dispútase unha bandeira masculina e outra feminina, que serán para os clubs que máis puntos obteñan logo de sumar os de todas as categorías.
 

Comentarios