Xoves. 21.11.2019
El tiempo

A Final da Copa de fútbol feminino e masculino Deputación da Coruña xogarase no Campo As Eiroas, en Carballo

O Bergantiños C.F e o Real Club Deportivo Fabril  disputarán a final da XXXI Copa Deputación Masculina. O Real Club Deportivo Abanca e o Victoria C.F. xogarán a final feminina

A Final da Copa de fútbol feminino e masculino Deputación da Coruña xogarase no Campo As Eiroas, en Carballo

O campo As Eiroas de Carballo acollerá mañá, mércores 14, a final da Copa de Fútbol Feminino e Masculino da Deputación da Coruña. O primeiro partido será disputado polos equipos femininos Real Club Deportivo Abanca e Victoria C.F. ás 18 horas. A final masculina comenzará ás 20,15 horas, enfrentándose o Bergantiños C.F. e o Real Club Deportivo Fabril.

Este ano a Copa Deputación de fútbol, un dos torneos máis antigos e con maior participación de cantos se celebran en Galicia, contou con 54 equipos masculinos, mentras que na fase feminina participaron 32 formacións futbolísticas.

A responsable da área de deportes da institución provincial, Cristina Capelán, será a encargada de entregar os premios aos que a Deputación destina un total de 243.900 euros, 148.400 € para os 54 equipos masculinos e 95.500 para os 32 femininos participantes.

Comentarios