xoves. 16.04.2026
El tiempo

Finde de hockey e KungFu en Carballo

Fase Alevin Hockey Carballo
A Fase final Alevín de Hockey foi presentada polo alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e os representantes de Escola Lubiáns Paula Pastoriza, Gonzalo Álvarez, David García e Jorge Lamas.
Finde de hockey e KungFu en Carballo

Finde deportiva en Carballo con dúas probas autonómicas de hockey e Kung Fu.

Carballo convértese no epicentro do hóckey a patíns galego coa final a catro na categoría alevín

O pavillón Carballo Calero prepárase para vivir unha das citas máis emocionantes do calendario de base. Esta fin de semana, 18 e 19 de abril, o club Escola Lubiáns exercerá de anfitrión na Final a Catro Alevín, na que se decidirá o novo campión da Liga Ouro Galega.

O rexedor destacou a importancia de atraer eventos de nivel a Carballo: "É un orgullo ver como o Carballo Calero volve encherse de deporte de base. Escola Lubiáns está a facer un traballo excepcional e estamos seguros de que a afección responderá como merece esta final".

Calendario de competición:

  • Sábado 18 (tarde): disputa das semifinais entre os mellores equipos da liga regular.
  • Domingo 19 (mañá): partido polo 3º e 4º postos e a gran final polo título galego.

 

120 deportistas no Campionato Galego de Kung Fu

 

KUNG FU en Carballo
Na rolda de prensa participaron José Manuel Gómez Suárez, representante da Federación Galega; Daniel Barreiro, concelleiro de Deportes, e José Antonio Agrelo, director do Club Kung Fu Carballo

O XX Campionato de Galicia de Kung Fu, unha cita que reunirá á elite da base deste deporte en Galicia, celebrarase o sábado 18 de abril a partir das 17:00h no Pavillón Vila de Noia. A competición contará con 120 deportistas procedentes de diversos puntos de Galicia, e subliñou que os/as clasificados/as nesta xornada pasarán directamente ao Campionato Ibérico, que se celebrará a finais de xuño.

José Antonio Agrelo amosou o orgullo do Kung Fu Carballo por exercer de anfitrión, e destacou o gran peso do club no panorama autonómico: "Carballo é o terceiro club de Galicia con maior volume de deportistas presentados a competición, once en total".

Agrelo detallou os aspectos técnicos da xornada, que incluirá categorías desde alevín ata sub-21, con competicións de formas (tao) tanto de man baleira como con armas, e diferentes niveis de cintos (verdes, azuis, marróns e negros).

Comentarios