Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FS: O Fisober queima o meigallo en Vilalba e o Villa sufre a primeira derrota

O Fisober en Vilalba
O Fisober en Vilalba
FS: O Fisober queima o meigallo en Vilalba e o Villa sufre a primeira derrota

Grupo Forma Vilalba 1 – 3 Fisober

Fisober: Sharay; Adriana, Paula, Carre, Ana. Tamén xogaron: Nuriña, Saray e María Dumbría.

Goles: 0-1, 7’: Saray / 1-1, 19’: Carla  / 1-2, 32’: Paula Fandiño / 1-3, 33’: Adriana.

Queimou por fin o meigallo o Fisober en Vilalba ante un equipo ao que nunca fora quen de vencer, o Grupo Forma. E o fixo por partida dobre, xa que serviu tamén para sumar a primeira vitoria a domicilio da presente tempada. E iso que as locais lle puxeron as cousas ben complicadas xa dende o inicio, saíndo mellor que as costeiras e facendo traballar arreo a Sharay. Pero o Fisober atopou primeiro o gol, tras un roubo de Saray que ela mesma mandou á rede. A partir dese momento melloraron as visitantes, que tiveron varias ocasións nas botas de Ana ou María Dumbría ata que, no último minuto antes do descanso, recibían o empate.

A segunda metade comezou de xeito parecido á primeira, con Sharay salvando os mobles ante as acometidas rivais. Non obstante, co paso dos minutos o Fisober foi asentándose grazas a roubos e contras protagonizadas por Adriana e Ana. Así chegaba o gol, tras unha parede entre Ana e Paula Fandiño que esta última mandaba á rede. E sen darlle tempo de reacción ás locais, Adriana asinou o gol do encontro tras unha gran xogada individual. Tanto definitivo para sentencias os primeiros puntos lonxe do Conco, no que esta semana reciben ao Ribeiro do Avia, segundo clasificado.

Castroverde 6 – 5 Villa de Cee

Villa de Cee: José Ángel; Ángel, Juan “O Bello”, Deivy e Aitor. Tamén xogaron: Mario, Javi Marroco e Kevin.

Goles: 1-0, 11’: David Fernández / 2-0, 12’: David Fernández / 2-1, 30’: Aitor / 3-1, 33’: David Fernández / 3-2, 35’: Kevin / 4-2, 36’: David Muñoz/ 5-2, 37’: Rubén / 5-3, 38’: Aitor / 6-3, 40’: Manuel / 6-4, 40’: Javi Marroco / 6-5, 40’: Juan “O Bello”.

Tiña o Villa de Cee esta fin de semana unha das viaxes máis longas que van ter que facer neste grupo norte da preferente galega. E quizais lles repercutira na pista, porque os da vila da Xunqueira non lograron ser os donos do encontro en ningún momento, xa que sempre foron por detrás no marcador.

Tras uns instantes iniciais igualados, o Castroverde logrou dos goles en dous minutos, ante os que o Villa de Cee intentou reaccionar sen éxito. Non sería ata o 10’ da segunda parte, cando Aitor acurtaría distancias, aínda que outra vez os locais respondían de forma rápida. Kevin volveu a meter aos ceenses no encontro, pero outros dous tantos consecutivos do Castroverde ampliaban un resultado xa imposible de revocar polo Villa pese ao gol de Aitor a dous minutos do final. Xa no 40’ chegaron outros tres goles para deixar o definitivo 6-5.

Comentarios