Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FS: Meritoria vitoria do Villa de Cee en Sarria e mala xeira a domicilio do Fisober

Viaxes Amarelle B - Fisober
Viaxes Amarelle B - Fisober
FS: Meritoria vitoria do Villa de Cee en Sarria e mala xeira a domicilio do Fisober

Meigallos 4 – 6 Villa de Cee

Meigallos: Ángel; Magic, Borja, Víctor, Jonathan. Tamén xogaron: Pablo, Eric, Adrián e Gonzalo.

Villa de Cee: Bruno; Marroko, Aitor, Kevin, Ángel. Tamén xogaron: Mario, Pose e Deiby.

Goles: 0-1, 18’: Marroko / 0-2, 23’: Marroko / 1-2, 25’: Magic / 1-3, 26’: Deiby / 1-4, 32’: Deiby / 1-5, 36’: Mario / 2-5, 38’: Gonzalo / 2-6, 38’: Ángel / 3-6, 39’: Jonathan / 4-6, 39’: Borja.

O Villa de Cee no seu último partido de preparación

Grandes sensacións as que deixa o Villa de Cee no seu comezo de liga despois de esperar catro semanas pola modificación do protocolo. E iso que os ceenses, que veñen de presentar a Iago Castro como nova fichaxe galáctica, tiñan varias baixas importantes como a de Juan o Bello. Pero tras uns primeiros minutos igualados, os visitantes impuxeron o seu xogo e o gol chegou nos pés de Marroko, que nada máis comezar a segunda parte repetiría para ampliar a vantaxe.

Pese a que os de Sarria acurtaron distancias, Deiby e Mario levaban o marcador ata o 1-5, momento en que as lesións volveron a prexudicar ó Villa, que se quedaba sen Marroko e Mario, o que aproveitaban os locais para poñer porteiro xogador. Aínda así, Ángel fixo o 2-6 e os ceenses resistiron a arremetida final.

Viaxes Amarelle B 7-2 Fisober

Viaxes Amarelle B: Aida; Marta, Carla, Mónica, Laura. Tamén xogaron: Nerea, Ana, Cris, Nuria, Sara.

Fisober: Sharay, Adriana, Paula, Ana, Nuriña, tamén xogaron: Carre, Lucía Martínez, Sarai, Uxía, María Dumbría,Lucía Canosa.

Goles: 1-0, 10’: Cris/ 2-0 16’: Marta/ 3-0 16’: Cris/ 3-1, 18’: Uxía/ 4-1, 18’: Marta/  5-1, 19’: Carla / 6-1, 31’: Laura/ 6-2, 32’: Paula Fandiño/ 7-2, 38’: Mónica.

Segue sen puntuar a domicilio un Fisober que, desta vez, caeu con contundencia ante o filial viaxeiro. E iso que non comezou mal o cadro dumbriés, tendo as primeiras ocasións claras do encontro nos pés de Ana. Pero mediada a primeira metade chegaba o gol local cun bo tiro exterior. O Fisober non se amedrentou e foi en busca do empate co perigo creado por Adriana, Paula e Ana, pero pouco despois chegarían dous goles nun minuto que lle darían xa moita vantaxe ás coruñesas.

Sarai acurtou distancias tras rematar unha boa xogada de Paula, pero outra vez o Amarelle respondeu ao momento co cuarto e co quinto en apenas un minuto. Co 5-1 ao descanso e o partido xa visto para sentencia, foron as visitantes as que dominaron a segunda metade sen crear demasiadas oportunidades, aínda que suficientes para anotar dous tantos máis. Por parte visitante, o máis vistoso foi unha xogada individual de Lucía Canosa que rematou Adriana e o fermoso gol de vaselina de Paula Fandiño.

Primeira evolución do escudo

#MedraConNós é un xeito de facer as cousas no Fisober. Por iso, consideran que medrar e evolucionar son dúas palabras que van da man e veñen de presentar: a primeira evolución do seu escudo, obra da ex porteira Paula.

evolución do  escudo

Comentarios