Martes. 19.03.2024
El tiempo

FSF: O Fisober sufriu a súa primeira derrota como local

Paula Fandiño durante o Fisober - Meigas
Paula Fandiño durante o Fisober - Meigas
FSF: O Fisober sufriu a súa primeira derrota como local

FISOBER F.S.F. 2 – 3 F.C. MEIGAS

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Uxía, Adriana, Saray.

Tamén xogaron: Lucía Martínez, Nuriña, Carre, María Dumbría, Lucía Canosa.

MEIGAS: Uxía, Ángela, Navia, Martina, Teresa.

Tamén xogaron: Alejandra, Maite, Laura, Blanca, María.

GOLES: 1-0, 18’: Adriana / 1-1, 19’: Blanca / 2-1, 22’: Adriana / 2-2, 29’: María / 2-3, 30’: Navia.

Non lle sentou ben ao Fisober o cambio de pavillón, pois esta quinta xornada xogaba no Municipal de Cee e deixaba escapar os seus primeiros puntos coma local. E iso que comezaron fortes. A primeira xogada do partido foi un lanzamento de Paula Fandiño dende lonxe a escadra e ó rexeite non conseguía chegar Adriana. Ambas protagonistas foron, xunto a Uxía, as que máis perigo crearon de cara á porta rival, e as que conseguiron o gol xusto antes do descanso nun envío de Paula que Adriana rematou de primeiras. Non obstante, os dous minutos restantes deron para moito: Carre e Saray tiveron ocasións para facer o segundo e definitivamente foi o Meigas o que igualou o encontro nun dous seus poucos achegamentos.

Celebración dun dos goles de Adriana

Pero saíu outra vez moi ben o Fisober, que antes do segundo minuto de xogo, xa mandaba cun novo gol de Adriana tras un disparo cruzado. Ao pouco Uxía, tiña a posibilidade de ampliar a vantaxe nunha xogada na que rematou mancada do nocello. Pero, no ecuador da segunda parte, un bo momento do equipo visitante provocaba dous goles en dous minutos que remontaban o encontro.

A partir de aí, e véndose por detrás no marcador por primeira vez, as dumbriesas o intentaron todo, con ocasións para Saray, Nuriña, Adriana, Paula Fandiño, ou Carre, que mandaba un balón ao pau nos últimos segundos. Pero non houbo sorte e o Fisober non puido evitar a súa segunda derrota consecutiva, a primeira como local. A vindeira semana toca visitar ao Viaxes Amarelle B.

Comentarios