Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gabriel Rodríguez Colferai, o medallista mundial de socorrismo foi recibido como un heroe

Gabriel Rodríguez Colferai recibimento mundial
Así foi o recibimento onte en Alvedro ao deportista dop SYSCA
Gabriel Rodríguez Colferai, o medallista mundial de socorrismo foi recibido como un heroe

Chegaba este pasado luns á Coruña tras participar no Campionato do Mundo de Salvamento Deportivo Junior en Riccione (Italia). E no aeroporto de Alvedro había un centenar de familiares e amig@s que o esperaban para felicitalo polo seu tremendo papel.

O carballés Gabriel Rodríguez Colfarei, de 17 anos, vén de conseguir unha medalla de prata e unha marea de bos resultados na categoría Junior do campionato mundial. Os compañeiros do clube prepararon pancartas e cánticos para darlle unha merecida e emocionante benvida.

Co carballés estiveron na viaxe polas terras trasalpinas o técnico deportivo da Fessga David Orgeira e o deportista sadense Alejandro Chacón, que viron de preto como ademais da medalla de prata en Salvamento con tubo de rescate na modadalidade de relevos, sacaba tres 5º postos (en sprint individual, 100m socorrista e 100m rescate con aletas); un 4º posto en relevo oceanman e outro 5º en relevo combinado.

Gabriel Rodríguez Colferai

Toda unha fazaña para este deportista que vén de facer record de España en 100 metros remolque de maniquí con aletas masculina hai apenas un mes.

Cómpre destacar ademais que a Selección Española conseguiu mellorar moito e acadar o 4º posto na xeral por seleccións.

Comentarios