O Gran Fondo Ézaro, “a delicatessen das probas ciclistas”, volve achegar á Vuelta á Costa da Morte
Indurain e Perico con Terio Carrera na Presentación do Gran Fondo en Fitur Satisfacción máxima na expedición dumbriesa que este venres volve a casa dende Madrid. A presentación singular do Gran Fondo Ézaro na Fitur tivo unha repercusión internacional inusual, o que demostra o gran traballo que se está facendo dende a nosa bisbarra. Unha presentación ademais, que se salta o típico guión aburrido das presentacións habituais da Fitur para converterse en todo un espectáculo. ”Tiñamos que cambiar as presentacións, que alí son todas bastante monótonas, e amosar aos operadores algo distinto, para atraer a xente doutros lugares que teñen que ser o obxectivo, e saír algo da endogamia habitual”, explica César Ferrío. “Con imaxes impactantes, algo de humor, fixemos unha cousa dinámica e a xente o valora”. En todo caso, sabe “todo o mundo recoñeciu a labor que se está facendo. O Gran Fondo chama a atención polos resultados que hai. Porque ver aí comprometidos a Indurain, Perico (que destacaron a proba como “o meirande espectáculo ciclista de Galicia”), ao Director da Vuelta, a varios dos mellores humoristas galegos… e aí en Madrid, que ten moitísima máis repercusión”, explica. “O ano pasado xa quedamos moi contentos e este ano xa marcamos o gran Fondo como gran fito anual”, valora satisfeito.
Inscricións á “delicatessen das probas ciclistas”
”Esperamos mesmo aumentar o número de participantes, aínda que poucos máis de 1.500, podemos acoller. Pero a idea é que o Gran Fondo sexa a delicatessen das probas ciclistas”. De feito, os que xa participaron na proba o ano pasado están recibindo por mail un codigo para poder inscribirse ata o 10 de febreiro. O resto de corredores poden inscribirse a partir do 1 de febreiro ás 13:00h.
A volta da Vuelta
”Na Vuelta, hai aí unha proposta enriba da mesa, o alcalde pediuna para 2020 ou 2021, e agora dependae da Xunta e Unipublic”, explica Ferrío. Nós temos a esperanza de que a Vuelta veña porque a Vuelta ao Ézaro doulle moito. Ese empaque da televisión aínda está tendo repercusión”. Ademais “sabemos que hai ano xacobeo no 2012, e sabemos que a Vuelta volve a Galicia, e lanzamos a proposta para que nos teñan en conta. Persoalmente penso que a volta vai volver, non sei se en 2020 ou en 2012, pero volve. Agora, esperemos que as administracións fagan tamén o seu traballo”, confía Ferrío.
Aviso ás empresas galegas
Durante a presentación de FITUR o alcalde José Manuel Pequeño lanzou un aviso a varias empresas galegas, para que apoien dunha vez esta singular iniciativa deportiva. “Non é normal que o Banco Santander nos veña a nós para ser o patrocinador oficial, tendo nós entidades bancarias dentro do Concello que non queren entrar; ou non é normal que teñamos unha cervexa portuguesa patrocinando un evento como este tendo marcas galegas de gran capacidade”, explica Ferrío. [fbvideo link="https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1159270430907048/?t=1" width="800" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-gran-fondo-ezaro-superase-a-si-mesmo/