Os irmáns Martina e Mario Díaz López dan pasos no mundo do golf
Gran fin de semana para a familia Díaz López, como nos conta o pai das novas promesas do golf carballes, Javier Díaz del Valle. Aos habituais éxitos do novo xogador Mario, esta fin de semana uniuse definitivamente a súa irmá pequena Martina, convertíndose na nova Campioa da 6° Proba da Galicia Junior Cup 2019 de golf.
A nova carballesa xogadora conseguiu quedar en primeira posición na súa categoría nesta proba organizada pola Federación Galega de Golf, celebrada este pasado domingo 28 deaAbril no Club Hércules Golf coa participación de xogadores de toda Galicia.
Mentres, o seu irmán non perde o tempo, e aproveitou esta semana para visitar o Centro de Excelencia do Centro Nacional de Golf da Real Federación Española de Golf en Madrid. O motivo foi a realización dun fitting personalizado, consistente en facer un estudo do seu xogo (distancia, velocidade, etc) para poder escolller os paus máis adecuados ao seu xogo. Sen dúbida unha gran axuda técnica para mellorar o seu xogo.