Lucía Pazos e Aroa Blanco triunfan no Campionato de España
O judo club Bergantiños segue recollendo resultados. Este sábado concentrábanse no palacio dos deportes de Riazor representantes de Galicia Asturias, Cantabria e Castela Leon para celebrar o XXVII trofeo Teresa Herrera, sector oeste absoluto de judo, clasificatorio para o campionato de España absoluto de Judo.
Como non, alí estiveron a muxiá Lucía Pazos Trillo e a sua compañeira a carballesa Aroa Blanco. As dúas chegaron a acadar o bronce, a pesar de non ser a súa categoría, logrando estar entre as mellores de toda España.
Para desempatar e clasificarse tiveron que loitar unha contra outra, nun combate no que agotaron o tempo regulamentario. Vellas coñecidas sobre o tatami, saben cada unha das outra os puntos fortes e as debilidades, polo que o combate tivo que decidirse no Golden Score, no que a de Merexo logrou vencer, logrando o terceiro mellor bronce que a clasifica para o Campionato de España.