Lucía Pazos, directa ao Nacional Junior de Judo tras conseguir a prata no Sector Oeste

Celebrábase esta fin de semana en Santander o Campionato Nacional Sector Oeste Junior de Judo por seleccións. Un combinado galego competía con representantes de Asturias, Castilla y León e Cantabria.
Non faltou Lucia Pazos. A de Merexo competía ao máximo nivel e volvía render de luxo na categoría Jun F-57, chegando ata a final e caendo só ante a súa compañeira Marina Gómez Ibaseta.
Métese así na Fase Final do Campionato de España, con moitos dos seus compañeiros e compañeiras de selección, que se disputará o 9 de marzo en Arganda, Madrid.
🥋SECTOR OESTE ESP-JÚNIOR 🇪🇸
— GALICIAJUDO (@galiciajudo) February 26, 2024
📍 Santander. CANTABRIA
⏰24 feb_24
📎 GALICIA-TEAM 🏆
2️⃣7️⃣ medallas 🏅
2️⃣5️⃣ clasificados 📌
🥇CAMPEONES-AS 1⃣1⃣
🥈SUBCAMPEONES-AS 9⃣
🥉BRONCES7⃣ @deportegal@rfejyda
@daedo_official@UFEDEGA_ pic.twitter.com/f75nBjTQba
Máis novas
- Febreiro 24: Gran fin de semana para tres deportistas do Judo Club Bergantiños.
- Febreiro 24: Samuel Méndez, bronce no Campionato de España de Taekwondo Senior.
- Decembro 23: A cormelá Laura Martínez álzase coa medalla de Bronce na Copa de España Cadete de Judo.
- Novembro 23: Lucía Pazos, prata na “X Supercopa de España Junior de Xixón 2023”.