Lucía Pazos, directa ao Nacional Junior de Judo tras conseguir a prata no Sector Oeste

Lucía Pazos no segundo chanzo do podio

Celebrábase esta fin de semana en Santander o Campionato Nacional Sector Oeste Junior de Judo por seleccións. Un combinado galego competía con representantes de Asturias, Castilla y León e Cantabria.

Non faltou Lucia Pazos. A de Merexo competía ao máximo nivel e volvía render de luxo na categoría Jun F-57, chegando ata a final e caendo só ante a súa compañeira Marina Gómez Ibaseta.

Métese así na Fase Final do Campionato de España, con moitos dos seus compañeiros e compañeiras de selección, que se disputará o 9 de marzo en Arganda, Madrid.

Máis novas