Samuel Méndez, bronce no Campionato de España de Taekwondo Senior

00:15 06/02/24
Magnífica actuación dos galegos no Campionato de España Sénior. O muxián Samuel Méndez partía co seu compañeiro do club Maniotas, Adrián Salanova, con opcións a todoen -68. E ambos fixeron un campionato excepcional, batendo con todos os seus rivais excepto co campión, Joan Jorquera, que estivo intratable e superou a Samuel nas semis e a Adrián na final.
Con todo, dúas medallas que veñen para Galicia, a de bronce de Méndez e a de prata de Salanova, dúas medallas moi merecidas e traballadas que saben gloria máis aínda vendo a xuventude de ambos.
Non tivo tanta sorte Aitana Fariña que caeu en primeira rolda.