Máis de 600 atletas citáronse no décimo aniversario da Carreira Popular Dolmen de Dombate
Cabana acolleu esta tarde de sábado a décima edición da Carreira Popular Dolmen de Dombate, unha das probas deportivas de referencia na Costa da Morte, que este ano rexistrou un novo éxito de participación con 629 participantes.
A cita forma parte do Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña e supuxo unha oportunidade única para combinar deporte e lecer ao pé dun dos grandes símbolos do megalistismo de Galicia.
O carballés Adrián Fuentefría, de apenas 14 anos, foi o campión en categoría masculina; mentres que a cabanesa Valeria Viguaret, de 13, venceu en féminas, por diante da xalleira Noe Espasandín e a tamén cabanesa Inma Collazo.

Última proba do Circuito Costa da Morte
Os deportistas da comarca contan os días para a última cita do poderoso circuito Correndo pola Cost ada Morte, que ten máis de 650 participantes.
A cita será o 12 de outubro polas rúas de Fisterra, e xa te podes inscribir en www.correndopolacostadamorte.com.
