Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O máis potente do pinpon galego xúntanse en Zas

cartel torneo Ponciano Nieto 2024
O máis potente do pinpon galego xúntanse en Zas

Este vindeiro sábado 22 de xuño volve convertirse Zas no epicentro do tenis de mesa do país. O pavillón municipal de Zas o XIV torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa. Un torneo de reconocido prestixio en toda Galicia polo acolledor e familiar e que cada vez aumenta no nivel dos/as participantes. Así desta vez asistirán 3 vencedores de edicións anteriores (Alberto Pérez, Edu Quintela e o zasence Brais Blanco) aos que se sumará Federico Otalvaro, xogador colombiano con nivel de División de Honra en España. Na categoría feminina asistirán gañadoras de ediccións anteriores, a actual campioa galega e xogadoras con podium nos recentes campionatos de España de tenis de mesa. poucos torneos poden presumir dun nivel tan alto.

O torneo empezará as 10 h cos partidos dos grupos para despois de repoñer forzas cun aperitivo xogar as eliminatorias ata ter os/as gañadores finais. Disputaranse as categorías open A, open B, feminino e infantil. Logo desfrutaran dun churrasco nas inmediacións do pavillón. 

O clube AD Zas de tenis de mesa agradece a inestimable colaboración do Concello de Zas, Ponciano Nieto, Asesoría O Pinar e de todos aqueles que fan posible a celebración deste torneo.

Comentarios