Menudo sábado de tenis de mesa en Zas!
Vaia sábado de tenis de mesa o que houbo en Zas o pasado 19 de outubro, con 19 encontros entre diferentes equipos e cun total de 120 partidos (112 individuais e 8 dobres) ao mellor de 3 sets e que en moitos casos chegaron a disputarse os 5 sets. Empezaron puntualmente as 10 da mañá e duraron ata as 21:00 da noite cun pequeno receso para comer. Fermoso é ver como a rivalidade deixase para a mesa de xogo e durante a comida a familia do tenis de mesa galego é unha soa.
En canto aos resultados, só o equipo feminino, con 3 vitorias de catro posibles, dou alegria, e de que maneira, ao AD Zas pois os equipos masculinos foron derrotados claramente en todas as categorías, salvou a honra da comarca a vitoria do VTM Pinturas Figueiras en A Coruña contra o Club del Mar.
1ª Nacional femenina
- Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - CTM Coruña (4-2).
- Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - Cofersa Cidade deNarón (2-4).
- Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - Breogán Oleiros Femenino (4-2).
- Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - TDM Vilalba Sanjurjo Moda (4-3).
Menuda xornada positiva a do AD Zas Cafetería Talladas gañando tres dos catro encontros disputados na maratoniana xornada do sábado, foron as últimas en acabar pois disputaron ese trascendental partido de dobres contra as de Vilalba. Xa para empezar unha vitoria contra CTM Coruña e que na última visita a Zas gañaran 4´3 e desta vez tomaronse cumprida revancha superandoas claramente.
Se cadra fose este arreón primeiro o que as fixo xogar todo o día pletóricas para rematar cun excepcional dobre cando xa non había moitas forzas pero sí moito ánimo e alegría que se viu reflexado no xogo. Excepcionais as tres xogadoras e si temos que destacar a Miriam Domínguez pois foi que dirixía e levou todo o día o control do equipo e a que responderon formidablemente Laura e Lara.
3ª Nacional masculina
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - AD Dubratambre (1-4).
Derrota sen excusas para o AD Zas Ponciano NIeto, onde ningún dos xogadores estivo a súa altura e pouca resistencia lle fixeron aos de Bembibre. Se ben houbo momentos clave que poideron inclinar o resultado noutra dirección pero o ímpetu novo de Raúl e Brais non lles deixou a calma para nos momentos decisivos facer eses puntos que lle darían a vitoria nos partidos que perderon 3-2 e nos que dispuxeron de bolas gañadoras que non resolveron axeitadamente. Stevo nada puido facer contra Ana e no dobre foron moi superiores os rivais. Pouco cambia esta derrota xa que entraba dentro das posibles e gañar incluso se podería considerar sorpresa, e os de Bembibre non se deixan sorprender.
1ª Galega
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - SD Hípica (0-7).
- Resultado: Club del Mar - VTM Pinturas Figueiras (2-5).
AD Zas Dimobel Bazar Baio - SD Hípica
Esperabase a derrota do AD Zas Dimobel Bazar Baio pero non de forma tan contundente e clara. Os xogadores zaseiros nunca tiveron opción de nada ante un rivais moi superiores. Así venlle o nivel desta categoría e que se alcanza con oito entreno. Os que si xa lle están collendo o ritmo son os de VTM Pinturas Figueiras que con estra xa levan dúas vitorias e ainda virán mais. Importante este triunfo en terras coruñesas para ir encaramandose a metade da táboa que será o sitio ideal para os xoves vimianceses comandados por Paco. Moi ben Julio Figueiras e Brais Touriñan que gañaron todos os partidos
Club del Mar - VTM Pinturas Figueiras
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Recreo Cultural de A Estrada (2-5).
Destacar o debut do benxamín Iván Pardiñas e pouco mais deste encontro donde os zasences poideron facer algo mais produtivo de cara ao resultado, pero o querer acabar os puntos caseque antes de empezalos non lles favorece nada aos locais. Pouco a pouco irán collendo aplomo e soltura no xogo.
Vindeira fin de semana
Esta fin de semana servirá para o debut dun equipo de Cee nunha competición oficial de tenis de mesa. A cita será o domingo a partir das 16:00h en Meaño (Pontevedra).
Antes, teremos os seguintes enfrontamentos:
Sábado 26 de outubro:
- 3ª Nacional masculina as 17'00 no poligono do Ceao en Lugo: Dez Portas - AD Zas Ponciano Nieto.
- 1ª Galega as 17'00 h: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso Peluqueria Tije no ximnasio do CPI de Zas; e VTM Pinturas Figueiras - Arteal Ventanas no pavillón de Vimianzo.
- 2ª Galega no pavillón de Meaño, Pontevedra: GAM Masc - AD Zas O Pinar, as 16'00h; e Gam Fem - AD Zas O Pinar , as 18'00 h.
NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO
- Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa.
- O traballo do verán xa dá resultados á familia costeira do tenis de mesa.
- Os equipos de Zas superaron aos de Mazaricos e Vimianzo no comezo das Ligas de Tenis de mesa.
- Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da comarca