Luns. 17.06.2019
El tiempo

Miriam Domínguez e Ana García soben ao podio nos Campionatos Galegos sub23

Mirian, Laura e Ana nun campionato de España do ano pasado
Mirian, Laura e Ana nun campionato de España do ano pasado
Miriam Domínguez e Ana García soben ao podio nos Campionatos Galegos sub23

Durante o fin de semana do 23 e 24 de marzo celebraronse no pavillón Campo da Serra de Narón os Campionatos Galegos alevín e sub23 e a eles acudiron oito xogadores do AD Zas. Se ben non había demasiadas esperanzas en traer medallas, Mirian e Ana, as de sempre, deron unha boa alegría. Participaban nunha categoría superior, a sub23, conseguindo subir ao poido en dobres.

As zaseiras, eliminaron en cuartos a Mar Rivas e Sara Rial e en semifinais disputaron o partidos de dobres case perfecto contra Noelia Santiago e Noa Bernárdez, e no que tiveron dúas bolas de partido no cuarto set para ao final ceder nun 3-2 no partido con todo o pavillón pendente do seu xogo.
En individuais Ana e Maria caeron en oitavos e Miriam en cuartos de final. Logo o domingo na proba de equipos notouse o esforzo do día anterior e non gañaron ningun partido.

Cómpre lembrar que que o AD Zas foi o terceiro equipo con máis participación feminina nestes campionatos e que en sub 23 as rivais das zaseiras compiten en Superdivisión e División de Honra, facendo aínda máis heroico o papel das nosas bravas rapazas.

Polo demais, no sub23 masculino tanto Brais, que non se clasificou no grupo, coma Edu, non tiveron moita fortuna cos seus rivais, sobre todo Edu que nos cruces eliminatorios tocoulle un rival que fora primeiro de grupo e nada axeitado ao seu xogo e caeu en oitavos.

Na categoría alevín partiiciparon Laura García, Lara Romero e Tatiana Recarey. Laura García perdeu en cuartos ante Laura Forte a que lle gañara fai un mes pero a inactividade por mor dunha lesión fixo que a zasence chegase coas condicións de xogo mermadas. Lara Romero e Tatiana caeron en oitavos pero mostraron moi boa evolución sobre todo nos dobres onde cederon en cuartos ao igual que na competiición por equipos na que ao final foron sextas.

Vindeiras citas

Sábado 30 de marzo

2ª nacional masculina en Bastiagueiro, Oleiros
- 17 '00 h Breogán Oleiros - AD Zas Ponciano Nieto

1ª nacional Femenina, en Vilalba, Lugo
- 16'00 Cofersa Cidade de Narón - AD Zas Aluminios Xeal
- 18'30 TDM Sanjurjo Moda - AD Zas Aluminios Xeal

1ª división galega, en Santiago
- 16'30 h. Conxo Ponte de Ferro - AD Zas Construcciones Cernadas

2ª división galega
- 16'00 Oroso TM Peluquería Tije - VTM Pinturas Figueiras, en Sigüeiro, Oroso
- 17'00 h. TM A Estrada Pazo de Xerlís - AD Zas Dimobel Bazar Baio, en A Estrada
- 17'00 h. Hípica Coruña - AD Zas O Pinar, nas instalacións da Hípica de A Coruña
- 18'00 h. Oroso TM Trastes - VTM Pinturas Figueiras, en Sigüeiro, Oroso

Domingo 31 de marzo, en A Picota, Mazaricos

- 11'00 h. Concello Mazaricos - Autoclinic CDM Milagrosa de Lugo
- De 16'00 a 19'00 Liga Malov en Sigüeiro, Oroso con participación de 25 xogadores da comarca.

Comentarios