mércores. 11.12.2024
El tiempo

O pavillón de Zas amosa a inclusión do tenis de mesa na primeira proba do circuito adaptado

I proba circuito adaptado, podium en Zas
O pavillón de Zas amosa a inclusión do tenis de mesa na primeira proba do circuito adaptado

Este venres celebrouse no pavillón municipal de Zas a I proba do circuito adaptado de tenis de mesa no que se comprobou que neste deporte teñen cabida todo tipo de persoas sen distinción de xénero nin capacidades mentais ou físicas.
En total partiparon 51 persoas con distintas diversidades funcionais nun ambiente moi cordial.

Os primeiros clasificados do torneo foron:

  • 1º Jesús Raspall do AD Zas tenis de mes, competiu con INTEGRO
  • 2º Diego Agís da Asociación de FEACES de Vigo
  • 3º José Luis Barreiro do club Conxo TM e competiu coa Asociación de FEACES de Santiago
  • 4º Marcos Traba do AD Zas, competiu con APEM de Cee dentro da Asociación de FEACES

Estiveron presentes na entrega dos premios o alcalde de Zas Manuel Muiño, o concellal de deportes José Brenlla e o irmán de Eliseo Couto (na súa honra foi o torneo), Javier Couto.

Dende o AD ZAs, cuia intención é repetir este evento nos vindeiros danos, queren dar as grazas a Manuel Carrasco, en representación da FGT.

Comentarios