Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría estrea temporada cunha gran actuación en Portugal

Volvía a Taça Ibérica de Slalom servir de apertura da temporada do piragüismo galego-portugués, que este ano tamén contou con deportistas leoneses. E non podía faltar o Club Piragüismo Dumbría, facendo ademais unha fermosa demostración do nivel no que se atopa. Logou un fantástico 4º posto por equipos, e acadou 5 medallas, dúas delas de ouro, da man de Loren Costa e Jorge Quintáns.

Lorena Costa do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Foto-Americo Dias copia
Lorena Costa do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Foto-Americo Dias copia
O Piragüismo Dumbría estrea temporada cunha gran actuación en Portugal

Na previa do sábado non houbo sorte en categoría feminina, pois só Lorena Costa conseguía pasar o corte, quedando fóra das finais Alexia Canosa, Xiana Castro e Laura Antelo. Entre os rapaces foi a cousa bastante mellor, e Jorge Quintáns, Marcos Sánchez e Brais Pérez pasaron o corte quedando apenas o mazaricán Francisco Fernández fora da seguinte ronda tanto en K1 coma en C1.

Jorge Quintáns, o mellor padexeiro xuvenil de Galicia

Jorge Quintans do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Foto-Americo Dias copiaJorge Quintans do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Foto-Americo Dias copia

Nas finais celebradas o domingo, Jorge Quintáns demostrou que a día de hoxe é o mellor xuvenil galego, a pensar de que o de Vimianzo non esta aínda no seu mellor momento de forma, impondose entre os K1, e sendo terceiro en C1. Os seus compañeiros de equipo Marcos Sánchez e Brais Pérez acadando o sétimo e noveno posto, respectivamente.

Lorena Canosa, sobrada

Pola súa parte Lorena Costa se impuxo con moita solvencia na categoría xuvenil, quedando a única incógnita por despexar se sería capaz de lograr o mellor tempo na categoría femenina, cousa que logrou por más de 10 segundos. A de Berdeogas xa está nun momento de forma espectacular.

Outras 3 medallas

Martin Fdez Romar do Piraguismo Dumbria na Taca Iberica-Fto_Americo Dias copia

Pola súa banda o infantil Martín Fernández Romar conseguiu subir ó podium tanto en C1 coma en K1, volvendo a casa con sendas medallas de plata. Na clasificación por clubes o CDM Piragüismo Dumbría acadou un brillante cuarto posto, a apenas 2 puntos do podium, e por diante de tódolos clubes portugueses, que ata non fai muito eran os auténticos dominadores desta proba.

Vindeira proba

A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría xa é para o fin de semán que ven, coa Copa Galega de Slalom que se celebra en Salvaterra de Miño.

Comentarios