venres. 06.12.2024
El tiempo

Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa

VTM Pinturas Figueiras - Oroso Rios Sangiao copia
O VTM Pinturas Figueiras caeu ata Oroso Rios Sangiao
Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa

Segue medrando a familia do tenis de msa da Costa da Morte. Esta pasada semana daban comezo as escolas deportivas de tenis de mesa, e, ás habituais de A Baña, Mazaricos, Vimianzo, Cee e Zas súmanse este ano Ponteceso e retómase Santa Comba. Ademais, outra boa nova chega de Cee, onde haberá este tempada un equipo femenino federado de tenis de mesa competindo en 2ª Nacional Feminina.

En canto á xornada da fin de semana, cal e area en canto a resultados para os equipos costeiros de tenis de mesa. Os que a semana pasada gañaban perderon nesta semana e, os derrotados resarcíronse e gañaro. E, para non faltar tamén houbo sorpresas nas derrotas e un pouco nas vitorias. Colle así a familia costeira a rutina das ligas onde afortunadamente será moi dificil acadar un pleno de vitorias e, polo mesmo motivo será dificil que todo sexan derrotas.

 

3ª División Nacional masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Nautalia Viajes (3-4).
  • Resultado: Concello de Mazaricos - Afer Formación Rábade (4-1).

Sorprendente a derrota do AD Zas Ponciano NIeto contra o Nautalia Viajes que trouxo a Zas a xogadora alevín Sofía Couce (das mellores de España na súa categoría) e que sorprendeu a Brais no primeiro partido e esto influiu moito no resultado final xa que no dobre t¡non estivo centrado e a piques estivo tamñen de perder contra Yáñez. Raúl tamouco estivo a súa altura sobre todo no dobre, xa debería gañar a Pita, repúxose gañando a Sofía e deixando a papeleta a Stevo que fixera un gran partido contra Yañez pero despois non puido en ningún momento superar a un moi crecido Marcos Pita, o verdadeiro artífice da victoria dos naronenses. Cura de humildade para todos os zasences que non se debe menosprezar a niguén pois despois a cabeza non funciona como debe e veñen as derrotas inesperadas, coma esta do sábado pasado.

Pola súa parte o Mazaricos formou de inicio con Miguel Rey, e puido acadar a súa primeira vitoria e visto o estado de forma dos resto dos integrantes e del mesmo seguro que virán moitas mais. Moi ben todos, Miguel Alex, J. Ángel e David aos que seguro que está vitoria lles mantén nos ánimos do ano pasado e desta vez non deberían pasar os apuros xa olvidados.

 

1ª División Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Oroso Rios Sangiao (1-6).
  • Resultado: Finisterre Sphera - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-3).

Nova derrota, desta vez por 1-6 e na súa casa de VTM Pinturas Figueiras ante o actual lider invicto o Oroso Rios Sangiao. O equipo vimiancés non acaba de atoparse cómodo na recente ascendida categoria de 1ª Galega e non foi rival para os xogadores do Oroso Rios Sangiao que gañaron claramente. Os locais acusaron os nervios en puntos decisivos de cada set dos partidos disputados polo seu capitán e adestrador Francisco Paz que o levaron a perder tanto o seu partido individual coma o de dobres con NIcolás Paz. Por outra banda foron bastante loitados os partidos disputados por Brais Touriñán e Julio Figueiras pero que só lle valeron para que este último gañara un dos seus partidos e asi evitar levarse un rosco na súa casa. Esperamos que o VTM Pinturas Figueiras empece a coller o ritmo de competición nesta nova categoría para eles e empecen a chegarlle as vitorias.

Polo seu lado, a piques de dar outra sorpresa o AD Zas Dimobel Bazar Baio e desta vez sen ningunha axuda de xogadores de máis nivel. José A. Pazos está de dulce e coa moral polas nubes e así gañou os seus individuais; tamén Victor gañou un; mágoa do dobre que desta vez non coordinaron nada ben. A Matteo Yang fáltanlle entrenamentos, pasou o verán en China pero alá non xogou nada e aquí está empezando a temporada.

 

2ª División Galega

  • Vilagarcia TM - AD Zas O Pinar (2-5).

Non se esperaba esta vitoria do AD Zas O Pinar en Vilagarcía e moito menos despois dos primeiros partidos pero o ánimo nunca decaiu e partido a partido foron gañando confianza e con elo a vitoria final. Moi ben Laura García, que fixo os tres puntos, e Lara moi ben dende que entrou en calor, un catarro non lle deixaba actuar como ela quixera. E moitos nervios nun Adrián Levoso, moi curtido en varias experiencias deportivas pero non pode evitalas neste deporte, como todos que empezan nel. Con todo darlle a noraboa pois xa gañou un partido oficial e ao equipo que inicia así a sua andaina positiva nesta liga.

AD Zas Ponciano NIeto . Nautalia Viajes copia

Vindeira xornada

Este será un sábado 19 de outubr completo de tenis de mesa en Zas. Teremos nada menos que 19 encontros e cun mínimo de 120 partidos a disputar no pavillón municipal de Zas. Empeza a liga de 1ª Nacional femenina cunha concentración donde se enfrentan os 4 equipos dun grupo contra os outros catro de outro e ademais os encontros das ligas masculinas.
Ademais os de Vimianzo desprazanse ata A Coruña.

Estes son os encontros co seu horario no pavillón municipal de Zas:

1ª Nacional Femenina:
- 10'00 h. CTM Coruña - AD Zas Cafetería Talladas
- 10'00 h. Cofersa Cidade de Narón - Oroso Abanca
- 10'00 h. Breogán Oleiros Femenino - Monte Porreiro Confitería Capri
- 10'00 h. TDM Vilalba Sanjurjo Moda - Ribadumia Tenis de Mesa
- 12'30 h. CTM Coruña - Ribadumia Tenis de Mesa
- 12'30 h. Cofersa Cidade de Narón - AD Zas Cafetería Talladas
- 12'30 h. Breogán Oleiros Femenino - Oroso Abanca
- 12'30 h. TDM Vilalba Sanjurjo Moda - Monte Porreiro Confitería Capri
- 18'30 h. CTM Coruña - Monte Porreiro Confitería Capri
- 18'30 h. Cofersa Cidade de Narón - Ribadumia Tenis de Mesa
- 18'30 h. Breogán Oleiros Femenino - AD Zas Cafetería Talladas
- 18'30 h. TDM Vilalba Sanjurjo Moda -Oroso Abanca
- 19'00 h. CTM Coruña - Oroso Abanca
- 19'00 h. Cofersa Cidade de Narón - Monte Porreiro Confitería Capri
- 19'00 h. Breogán Oleiros Femenino -Ribadumia Tenis de Mesa
- 19'00 h. TDM Vilalba Sanjurjo Moda - AD Zas Cafeteria Talladas.

3ª División Nacional masculina:
- 17’00: AD Zas Ponciano Nieto - AD Dubratambre.

1ª División Galega:
- 17’00: AD Zas Dimobel Bazar Baio - SD Hípica.

2ª División Galega:
- 17’00: AD Zas O Pinar - CTM Recreo Cultural de A Estrada.

E nas instalacións de Club del Mar de San Amaro en A Coruña, choque da 1ª División Galega: 17'00 Club del Mar Juvenil - VTM Pinturas Figueiras.

 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios