A primeira Selección Galega de Baile Deportivo fala con acento da Costa

Xa está en marcha a primeira Selección Galega das especialidades de Latinos, Standard, Single e Caribeños. “Un paso histórico para o noso deporte en Galicia e un avance tamén a nivel institucional”, recoñece Graciela Toba, responsable da escola Arte e Movemento e presidenta da recén creada Federación Galega de Baile Deportivo.
O combinado está formado por deportistas seleccionados en base ao ranking da tempada 2024, e como non podía ser doutra maneira, o club costeiro arrasa, e todos os seus deportistas ograron entrar nalgunha das 3 seleccións galegas.
”Levarán con orgullo o nome de Galicia como fixeron sempre, contribuíndo a dar visibilidade e prestixio ao baile deportivo galego”, asegura Toba, que agarda “seguir creando campións e sobre todo formando deportistas que poidan chegar a lograr este recoñecemento”.
O pasado domingo 16 xa participaron na primeira sesión autonómica tecnificación do 2025 de Standard, Latinos e Single. Este domingo participaron na Competición de Ranking en Fene, e a partir de agora terán unha axenda máis que apretada, pensando, sobre todo, na xornada 17 de abril, na que terán que desprazarse ata Cambrils (Cataluña), para vestir a Irmandiña no Campionato de España de Seleccions Autonómicas. Alí, Raul e Serena representarán a Galicia, no grupo de idade Junior 1, facendo o propio o o venres 18 de abril, tamén en Cambrils, no Campionato de España Bailes Standard 2025. “Temos moito traballo e ilusión depositados neles”, recoñecen dende o club costeiro.
Antes, os días 5 e 6 de abril, así como o 27 de abril, o equipo competirá en Marín e Narón en dous Campionatos Galegos.