Luns. 29.04.2024
El tiempo

Razo e Caión acollen esta fin de semana probas internacionais de Surf

Cristina De Llano e Mar Regueira Campioas galegas Junior Surf
Cristina De Llano e Mar Regueira son as Campioas galegas Junior Surf
Razo e Caión acollen esta fin de semana probas internacionais de Surf

Dende onte, mércores, e ata o domingo, as praias de Razo (Carballo) e Caión (A Laracha) acollen probas internacionais de surf.

Onte tiñan lugar os campionatos galegos previos ao Campionato de Europa Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión. As probas desenvolvéronse cunhas condicións excepcionais que deixou aos galeg@s un surf espectacular. Na sub21 feminina gañaron e se clasifican para as probas europeas Cristina De Llano e Mar Regueira na segunda posición. Na categoría masculina clasificáronse o oleirense Manuel Fernández por diante de Sebastian Bamonde.

Sebastian Bamonde e Manuel Fernadez campion galego surf junior
Sebastian Bamonde e Manuel Fernández 

A partir de hoxe a praias bergantiñás convírtense "no epicentro no ámbito deportivo internacional, acollendo na Costa da Morte aos mellores surfistas juniors do circuito internacional”, como sinalaron na presentación do campionato de Europa Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión.

Ademais do interese deportivo, destacan o potencial turístico desta proba nas que participan máis dun cento de deportistas de todo o continente.  

Unha proba que conta cun servizo de conciliación,  cun espazo de lecer instalado en Razo con obradoiros e un servizo dedicado ao coidado profesional e permanecerá aberto ata o próximo domingo 24.

Presentacion do Campionato Cabreiroa Pro Junior Surf Razo-Caion
Presentacion do Campionato 

Comentarios