Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Regata Illas Sisargas celebra a súa XXXIV edición esta fin de semana

  • Aprazada polo vento
Ria Malpica
A Regata Illas Sisargas celebra a súa XXXIV edición esta fin de semana

A praia de Malpica acolle esta fin de semana a XXXIV Regata Illas Sisargas - XVII Memorial Pucho Bermúdez de Castro. Unha cita que se celebra tamén en memoria dos precursores deste evento deportivo, José Luis Arcay e Juan Manuel Vázquez.

Para este sábado está previsto que se celebre a Regata Inversa. Ás 11 da mañá abrirase a oficina de Regatas. A saída está prevista entre as 13:45 e as 14 horas e farase entre a baliza da Guisanda e o barco do Comité de Regata. A chegada á meta estará sinalizada por unha baliza de cor vermella situada entre a praia de Malpica e o Barco do Comité de Regatas con bandeira azul.

Xa o domingo, ás 12 da mañá farase a saída entre o barco do Comité (levará unha bandeira amarela) e unha baliza hinchable vermella. A meta estará sinalizada tamén pola baliza Guisanda. Ás 20 horas terá lugar a recepción e entrega de premios ós gañadores da etapa Coruña - Malpica.

A inscripción estará aberta ata este mércores (8 de xuño) ás 19 horas. Poderanse inscribir neste enderezo web.

Comentarios