Martes. 15.10.2024
El tiempo

Este sábado, unha Ruta BTT polo nacemento e curso alto do Anllóns

Brañas nas que abrollan as primeiras augas do río Anllóns-Nacemento
Brañas nas que abrollan as primeiras augas do río Anllóns
Este sábado, unha Ruta BTT polo nacemento e curso alto do Anllóns

O Instituto de Estudos Bergantiñáns organiza para este sábado 14 de maio unha ruta para coñecer o lugar de nacemento e o curso alto do río Anllóns, a arteria fluvial que define a comarca de Bergantiños.

Ademais dunha ruta a pé pola cabeceira do río bergantiñán, tamén se levará a cabo unha visita ao museo da minería situado na antiga estación de tren de Meirama (Cerceda) e á irexa e reitoral de Soandres.

Os billetes para participar nesta actividade poderán retirarse na librería Brañas Verdes de Carballo a un prezo de 22€ para socios e de 25€ para non socios. No importe está incluído o transporte e o xantar. O autobús sairá ás 9 da mañá de Carballo, da parada da Gran Vía, situada fronte á praza.
 

Comentarios