Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#MOTOR

A Subida a Dumbría encheu de ruído e emoción as estradas dumbriesas

Subida a Dumbria 2019
Imaxe do ambiente da Subida a Dumbría
A Subida a Dumbría encheu de ruído e emoción as estradas dumbriesas

Volveu convertirse Dumbría nun epicentro deportivo de primeiro nivel. A I Subida a Dumbría recibía a 52 coches que disfrutaron dunha fermosa e atractiva proba de motor. Unha proba organizada pola Escudería Senra Sport, en colaboración do Concello de Dumbría e da Federación Galega de Automobilismo (FGA), e que forma parte do Campionato Galego de Montaña 2019.

Foi unha fin de semana de gran emoción, que xuntou nas estradas do concello dumbriés a máis de 3.000 persoas, que non puideron máis que disfrutar do ruxir dos motores.

Imaxe da Subida a Dumbria 2019 3Imaxe da Subida a Dumbria 2019 2Imaxe da Subida a Dumbria 2019

Houbo unha boa participación da Costa da Morte, comandada, por suposto, polo propio dumbriés Manolo Senra. Xunto a el estiveron os costeiros Pedro Castro; Ramón Louro, Sergio Dosil; Anxo Lariño, entre outros.

Manolo e Patri Senra organizadores da Subida a Dumbria
Manolo con Patri Senra, os grandes culpables desta I Subida a Dumbría

Ademais completaron a grella de saída: Pablo Rey; Miguel Ángel García; Jacobo Senín; Abraham Vázquez; Carlos Lorenzo; Adrián Sabajanes; Vicente Vieitez; José Antonio López-Fombona; Javier Carballo; José Espiño; Juan Manuel López; Santiago García; Abel Barreiro; Carlos Rodríguez; Miguel Suárez; José Luis Filgueira; Manuel Ángel Juncal; José Luis Carrera; Roberto Torres; José Antonio Otero; Luis Torres; Juan Pablo Barrio, Antonio Rodríguez; Sabino García; Álvaro José Rodríguez; Alfonso Quintas; José Manuel Piay; Antonio Bermúdez; Roberto Barreiro; Sergio Tabeayo; Diego Gómez; Diego Iglesias; Donato Santome; Óscar Franco; Santiago Gómez; Alfonso Cabral; Francisco Javier Gil; Andrea Barral; Israel Lamas; Olalla Fabeiro; Diego Rodríguez; Francisco Leiro; Juan José Montes; Carla Baz, e Jorge Barca.

WhatsApp Image 2019-06-11 at 11.57.41 (2) copia

O gañador (tendes a lista completa) foi finalmente José Antonio López-Fombona (cun Lamborgini Huracan da escudería GES que vemos nesta imaxe de arriba), por diante de pablo Rey (co Formula Outeda de T. Martínez Racing) e J. Carlos Lorenzo Castro (co Formula Dicode de Torres Competición). Manolo Senra quedou na 7ª praza (e 2º na Gara CUP Pirelli) co seu mítico Peugeot 306 Maxi.

Pedro Castro Carballo no podio da Subida de Dumbria
​Pedro Castro felicitado por Pequeño

Tamén fixo un gran papel o carnotán Pedro Castro Carballo, cun 8º posto co seu Mitshubishi Lancer EVO da escudaría Berberecho. E que dicir de Ramón Louro, que fixo un 10º posto, tamén cun Mitshubishi Lancer EVO de Senra Sport, escudería que copou os postos 11º (José Benito Espiño), 12º (Sabino García), e 13º (José Luís Carrera).

Foto de Familia da I Subida a Dumbria

Entre os avatares da fin de semana, destacou o incendio que calcinou o camión, e os coches de Alexis Viéitez de camiño a Dumbría.

Dende Senra Sport, esperan que esta sexa a primeira de moitas subidas, e que cando se retire Manolo Senra (dentro de moitooos anos) poderá recoller o seu nome.

Novas relacionadas

Comentarios