Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Superliga 2: O Volei Dumbría trae un punto de Extremadura tras un igualado encontro

Voley Dumbría
Voley Dumbría
Superliga 2: O Volei Dumbría trae un punto de Extremadura tras un igualado encontro

Partido moi parello o que xogou o Volei Dumbría ante un dos favoritos a ocupar a zona alta da táboa (actual campión da liga regular), que pese a ter varias fichaxes, amosou ser un equipo moi preparado e coordinado na pista.

Comezaron mellor os locais, que levaron a dianteira durante todo o primeiro set, no que o Volei Dumbría intentou igualar en varios parciais, pero no que non chegou a encadear catro puntos seguidos, caendo ao final por 25-22.

Reaccionaron os de Néstor no segundo set, impoñéndose dende o comezo grazas á boa actuación individual do propio xogador adestrador, de Álex Vásquez e de Yoel Moreno. Un bo momento que continuou no terceiro set, onde os dumbrieses amosaron o mellor xogo do que vai de tempada, gañando pola mínima (25-27).

Tras ese gran xogo na segunda e terceira manga, o equipo caeuse. E iso, que no cuarto set comezaron ben, chegando a igualar 9-9 no marcador pese a caer finalmente 25-21. Non obstante, no do desempate xa non tiveron opción debido a varios erros non forzado que fixeron que o Miajadas collese unha vantaxe que xa foi imposible de recuperar (15-11).

A destacar, unha vez máis, o gran nivel amosado por Néstor, ao que parece non pesarlle a responsabilidade de ser este ano o adestrador. Fixo 32 puntos nun encontro no que rematou derreado.

Comentarios