O tenis de mesa costeiro busca psicólogo

Nova xornada a da pasada fin de semana con poucas vitorias para a familia do tenis de mesa costeiro, e parece que vai ser a tónica de toda a temporada, pois están os equipos xustos de xogadores e na maioría das veces parece que se autopresionan e non dar o seu maior nivel e con eso non son capaces de sacar partidos fáciles adiante. “Nesta xornada houbo moitos casos similares en varios equipos como dando a entender que en vez dun entrenador nos fai falla un psicólogo”, apunta o propio Stevo Lema.
3ª División Nacional masculina
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Club del Mar Promesas (4-2)
- Resultado: Breogán Oleiros Kalamardos - Concello de Mazaricos (4-2)
Breogan Oleiros Kalamardos - Concello Mazaricos
Por fin e xa ía sendo hora volveu a gañar o AD Zas Ponciano Nieto, pois despois das dúas primeiras xornadas con victorias o resto foran as tres derrotas seguidas e esta que debia ser mais ampla se tanto Raul coma Stevo estiveran con mais concentración nos partidos que perderon. Moi ben nesta ocasión Brais gañando os dous individuais e coordinando moi ben con Raúl na súa primeira victoria nun dobre. Agora queda a seguir esta racha e que non sexa canto dun día- Polo outro lado, unha nova derrota do Concello de Mazaricos e desta vez contando con MIguel Rey, e é que os demais xogadores teñen que concienzarse de que el solo non chega. Agora ocupan postos de descenso que esperemos que pronto abandonen.
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Club del Mar Juvenil (2-5)
- Resultado: Finisterre Deseñarte - VTM Pinturas Figueiras (5-2)
AD Zas O Pinar - CDTM Pazo de Xerlis
Dúas derrotas e por idéntico resutado foi o que colleitaron os equipos de 1ª galega na pasada xornada. Se ben o AD Zas Dimobel Bazar Baio puido cambiar moito o seu resultado a pouco que se concentrasen no seu xogo, salientar que Castro gañou o primeiro set e despois ia gañando o segundo 9-1 e non foi quen de rematar a faena, e, aí estivo a clave do resto dos partidos. donde os tres primeiros individuais perderonnos polo mesmo resultado de 3-2. Os partidos gañados viñeron despois de ter resolto o xeral e xa sen a presión do resultado.
Pola outra banda, o VTM Pinturas Figueiras foi superado con claridade polo coruñeses ante os que solo Julio Figueiras sacou adiante os seus partidos individuais.
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - CD TM Pazo de Xerlís (A Estrada) (3-4)
Non tiveron moita fortuna os de AD Zas O Pinar e menos Manuel Barreira que se deixou remontar un 2-0 nos sets e superando claramente ao seu rival pero logo deixouse levar pola precipitación, non cerrou o partido no terrceiro set (16-18) e despois pagáronno el e os compañeiros.
Onde si gañou todos os partidos Manuel Barreira foi o domingo na Liga Malov, a concentración que con periodicidade mensual organiza o clube Oroso TM de Sigüeiro. Este domingo xuntou a 154 xogadores e os trece representantes costeiros si que gañaron a maioria dos seus partidos.
Vindeira xornada
Sábado 16 de novembro
- 3ª División nacional: CTM Coruña - AD Zas Ponciano Nieto, as 17'00 h. no pavillón do Barrio das Frores
- 1ª División galega:
AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM Coruña A as 17'000 no ximnasio do CPI de Zas
VTM Pinturas Figueiras - Finisterre TM Sphera, as 17'00 no pavillón de Vimianzo
Domingo 17 de novembro
- 3ª División nacional: Concello de Mazaricos - Nautalia Viajes as 11'00 h no pavillón de A Picota
- 2ª División galega: Vilagarcia Graphium - AD Zas O Pinar, as 11h no ximnasio do colexio Arealonga de Vilagarcía
- 2ª División nacional Femenina, concentración no ximnasio do CPI de A Bañan
15'30 CTM GAM 2F - Club el Mar Femenino
15'30 Concello de Cee - Naron Femenino
15'30 SD A Baña - Finisterre TM Restaurante A Moa
17'00 CTM GAM 2F - Narón Femenino
17'00 Concello de Cee - Finisterre TM Restaurante A Moa
17'00 SD A Baña - Club del Mar Femenino
18'30 CTM GAM 2F - Finisterre TM Restaurante A Moa
18'30 Concello de Cee - Club del Mar Femenino
18'30 SD A Baña - Narón Femenino
NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO
- O equipo de tenis de mesa de Cee xa compiten na 2ª División Nacional feminina.
- Menudo sábado de tenis de mesa en Zas!.
- Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa.
- O traballo do verán xa dá resultados á familia costeira do tenis de mesa.
- Os equipos de Zas superaron aos de Mazaricos e Vimianzo no comezo das Ligas de Tenis de mesa.
- Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da comarca