Domingo. 15.12.2019
El tiempo

O tenis de mesa costeiro dá pasiños miúdos

Imaxe do VTM Pinturas Figueiras - Finisterr Sphera
Imaxe do VTM Pinturas Figueiras - Finisterr Sphera
O tenis de mesa costeiro dá pasiños miúdos

Só dúas vitorias nas ligas masculinas e unha na concentración femenina na pasada fin de semana para o tenis de mesa costero, pois a pesar de que A Baña queda algo apartada está relacionada directamente coa Costa en canto a tenis de mesa se refire. E, foron todas pola mínima, a do Concello de Mazaricos moi necesitada e a de VTM Pinturas Figueiras case que con sorpresa pero ambolos dous equipos son loitadores ata o último punto.

A derrota do AD Zas Ponciano Nieto, que foi contundente, deixou boas sensacións tanto no xogo coma na actitude. Moi ben o AD Zas O Pinar que lle gañou dous partidos aos lideres invictos e que ata agora deixaban aos seus visitantes a cero. En 2ª Nacional feminina foron normais os resultados dada a diferencia de nivel entre as xogadoras.

3ª División Nacional

  • Resultado: Concello de Mazaricos - Nautalia Viajes (4-3).
  • Resultado: CTM Coruña - AD Zas Ponciano Nieto (4-0).

CTM Coruña - AD Zas Ponciano NIeto
CTM Coruña - AD Zas Ponciano Nieto

Por fin outra vitoria do Concello de Mazaricos, xa estaba necesitado delas, pero unha vitoria moi traballada donde a clave estivo no partido de dobres no que desta vez Alex si rendiu no que nel se esperaba, no anterior partido individual estivera moi impetuoso e impreciso xa que con máis tranquilidade e sen arriscar tanto gañabao e non deixaba para os ultimos partidos a decisión do encontro. E foi Javi Rodríguez quen decidiu no último partido, el si con pausa no xogo e tranquilidade no momento de facer os puntos. Mención aparte de Miguel Rey que cumpriu gañando todos os partidos nos que participou.

Pola súa parte, o Ponciano Nieto, disputou un encontro con partidos moi igualados pero que todos foron do lado dos locais. Así Brais perdia por primeira vez con José L. Amor. Stevo poñiallo moi dificil a Trapiello ganadolle o primeiro set e perdendo o terceiro por duas bolas con moita fortuna para o rival. Moi parecido lle pasou a Raúl con Fco Gonzalez con sets moi axustados cedendoos Raul nos desempates.e o mesmo no dobre. Por eso o resultado non reflexa os meritos dos zaseiros que voltan deste encontro con moi boas sensacións. queda entrenar mais para solventar favorablemente este tipo de situacións.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM Coruña A (1-6).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Sphera (4-3).

AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM Coruña
AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM Coruña

Non reflexa o marcador ao que realmente aconteceu na mesa de xogo, pois o AD Zas Dimobel Bazar Baio mereceu gañar mais partidos pero a premura para rematar pronto e as imprecisións pola necesidade de gaar non axudaron nada ante a veteranía do rival. Así derrota contundente coa salvedade de que José A. Pazos salvou a honrilla gañando o ultimo partido. Mal se lle presentan as cousas para manter a categoría a menos que outros xogadores ou xogadoras participen no equipo e que lle gañen partidos.

Mentres, sufrida vitoria a dos vimianceses por 4-3 ante os coruñeses do Finisterre Sphera. Os vimianceses tiveron que loitar ata o último para doblegar ao correoso equipo coruñes. Poideron resolver antes os vimianceses, pero un mal partido de dobres de Julio Figueiras e Paco Paz puxeron a emoción no marcador ata o final. Precisamente foi Paco Paz, seguindo as instruccións dende o banquillo, o que acadou a sufrida vitoria no septimo partido contra Nerea González, desquitándose así da derrota que lle endosara a coruñesa na última xornada da liga Malov. Moi ben, coma sempre, Julio Figueiras gañando os dous partidos individuais. Cabe tamén dar ánimos e unha pronta recuperación a Brais Touriñan que sufriu unha lesión durante o entreno o día previo a xornada de liga.

2ª División Galega

  • Resultado: Vilagarcia Graftium - AD Zas O Pinar (5-2).

Derrota por 5-2 do AD Zas O Pinar fronte ao líder invicto Vilagarcía Graftium. Os xogadores vilagarcianos, claros favoritos ao ascenso e posuedores dunhas porcentaxes de vitorias entre o 72 e o 100 %, foron superiores aos zaseiros. A pesar da derrota destaca a loita de Laura García e Adrián Levoso que acadaron as primeiras vitorias dun equipo nesta temporada na cas dos vilagarcianos. Os zaseiros teñen agora as tres últimas xornadas da primeira volta ante rivais asequibles para remontar na clasificación e colocarse nos postos altos e que poidan dar ascenso a primeira Galega.

2ª División Nacional feminina

Club del Mar - Concello de Cee
Club del Mar - Concello de Cee

  • Resultado: Concello de Cee - Narón Femenino (0-3).
  • Resultado: Concello de Cee - Club del Mar (0-3).
  • Resultado: Concello de Cee - Finisterre TM A Moa (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Club del Mar (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Narón Femenino (0-3).
  • Resultado: SD A Baña - Finisterre TM A Moa (3-2).

SD A Baña - Finisterre TM Restaurante A Moa
SD A Baña - Finisterre TM Restaurante A Moa

A pesar de perder todos os partidos as xogadoras do Concello de Cee deron mostras da súa progresión e xa gañaron un set e moitos máis que lles esperan, de momento o importante é que lles guste competir e que desfruten do xogo.
Pola outra parte as xogadoras de SD A Baña si gañaron un encontro non xogando moi ben, perdendo os outros dous con resultados moi axustados nos sets pois a medida que avanzaba a concentración ían mellorando no xoga, nótase que entrenan pouco e a mellora é moi lenta por non decir que queda estancada.

 

Vindeira xornada

Este sábado hai xornada completa:

    1ª Nacional Feminina, Concentración en Ribadumia:
    11'00 h. Ribadumia Tenis de mesa - AD Zas Cafeteria Talladas.
    16'00 h. Oroso Abanca - AD Zas Cafetería Talladas.
    18'30 h. Monte Porreiro Confitería Capri - AD Zas Cafeteria Talladas.
  • 3ª División Nacional masculina:
    16'00 h, Afer Formación Rábade - AD Zas Ponciano NIeto, en Rábade , Lugo;
    16'30 h. Zoolandia Conxo Ponte de Ferro - Concello de Mazaricos, no pavillón de Vite, Santiago.
  • 1ª División Galega:
    16'30 h. Zoolandia Conxo - VTM Pinturas Figueiras, no pavillón de Vite, Santiago.
    17'00 h. Oroso Rios Sangiao - AD Zas Dimobel Bazar Baio, en Sigüeiro.
  • 2ª División Galega:
    17'00 h. AD Zas O Pinar - CTM GAM Fem, no ximnasio CPI de Zas.
  •  
 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios