O traballo do verán xa dá resultados á familia costeira do tenis de mesa
Bos resultados para os equipos da comarca con tres vitorias, algunha dando a sorpresa, e dúas derrotas xa previsibles.
Están mostrando o traballo feito no verán os xogadores dos nosos equipos e así comenzase moi ben a temporada deixando os malos tragos para mais adiante. Sobre todo foi sorprendente a vitoria de AD Zas Dimobel Bazar Baio, que suma a segunda vitoria consecutiva e, non menos foi a de VTM Pinturas Figueiras que aproveitou unha baixa da Hípica para superala no ultimo partido e no quinto set. A vitoria de AD Zas Ponciano Nieto era máis esperada pero non por iso sen dificultades. En canto aos de 2ª Galega o resultado foi máis normal a pesar de que se esperaba algo máis do equipo local.
3ª División Nacional, grupo norte
- Resultado: Zoolandia Conxo Ponte de Ferro - AD Zas Ponciano Nieto (2-4).
- Resultado: Concello de Mazaricos - AD Dubratambre (1-4).
Brais Blanco, Raúl López e Stevo Lema colleitaron unha importante vitoria para o AD Zas Ponciano Nieto para ir encaramándose aos postos altos da taboa, xa era favorito neste enfrentamento pero contra os de Conxo sempre foron partidos moi igualados e desta vez tampouco se faltou a esa tradición. Crucial foi a vitoria de Stevo sobre Mario Otero xa que despois Brais e Raúl non foron capaces de gañar o seu partido de dobres, non se entenderon moi ben e fallaron bolas moi claras.
Logo Raúl, xogando moi ben, si superou a Fernando Pombo e por último Brais cerrou o encontro gañando a Mario, pero con dificultades, pois non se adaptou ben ao xogo contra gomas lentas que usa Mario.
Resumindo, moi ben todos os xogadores que conseguiron unha vitoria que da confianza e que ensinou que deben estar a tope para superar a calquer rival, e non nos van regalar nada.
Pola súa parte xa se esperaba a vitoria do AD Dubratambre e mais cando Miguel Rey non se puxo no trio inicial, e a pesar de facelo no dobre estaba frio e apenas entrou en xogo, Así Alex Blanco, Javier Rodríguez e J. Ángel Lado pouco podian facer ante o potencial que amosan Ana Mª Pérez e José García con Eladio, esgte o mais débil. O punto que fixo J. Ángel foi tamén moi traballado e no resto dos partidos a superioridade foi clara dos de Dubratambre.
1ª División Galega
- Resultado: VTM Pinturas Figueiras - SD Hípica (4-3).
- Resultado: Zoolandia Conxo - AD Zas Dimobel Bazar Baio (3-4).
Imaxe do Pinturas Figueiras - Hípica
Vitoria in extremis dos vimianceses Brais Toruriñán, Julio Figueiras e Francisco Paz que as prometían moi felices cos tres primeiros partidos gañados pero que a veteranía dos coruñese fixo que fosen pouco a pouco gañando e igualando o encontro. E no último partido sufríu Julio para superar a un correoso veterano com José Sanchez, e só o conseguiu no quinto set. Con todo vitoria con sorpresa pois o SD Hípica era favorito pero os soneiráns póñenllas todas no seu local e esperemos que sigan así.
Desta vez o AD Zas Dimobel Bazar Baio contou con Miriam Domínguez, ademais de con Matteo Yang e José A. Pazos e así poder dar a campanada e gañar en Conxo. Sabían que os tren puntos de Miriam estaban case asegurados, os dous individuais fixos e no dobre con moito a favor polo que faltaba que tanto Matteo coma José A. fixesen un punto, como xa ocurrira na primeira xornada. E volviu a ser José A. Pazos gañando o último partido con moita emoción e incertidume, sobre todo no crucial terceiro set 14-12 para José A. Suma así o equipo zasence a segunda vitoria seguida pero é de temer que vai ter que recurrir a xogadores que lles fagan tres puntos para pode optar a gañar encontros. As vitorias sempre dan ánimos e confianza e o tempo e os entrenos farán que as consigan sen axudas.
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Rias Baixas Guiusseppe Anthony (2-5).
Debut na liga con derrota de AD Zas O Pinar de Laura García, Lara Romero e Manuel Barreira. Derrota un pouco esperada, pero os nervios do inicio non favoreceron nada e crucial foi o primeiro partido donde Laura tivo oportunidade de superar a Elena pero cediu no quinto set. Tempos mellores lles esperan pois o nivel destas xogadoras vai subindo e cando a Manuel Barreira deixe os nervios aparcados verase mellores resultados.
Próxima xornada
Sábado 12 de outubro ás 17 h. no ximnasio do CPI de Zas:
- 3ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto - Nautalia Viajes de Narón.
- 1ª División Galega: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Finisterre Sphera de A Coruña.
Sábado 12 de outubro ás 17 h en Vimianzo:
- 1ª División Galega: VTM Pinturas Figueiras - Oroso Rios San Giao.
Domingo 13 outubro ás 11 h no pavillón de Mazaricos:
- 3ª División Nacional: Concello de Mazaricos - Afer Formación Rábade.
Domingo 13 outubro ás 11h en Vilagarcía:
- 2ª División Galega: Vilagarcía Grafium - AD Zas O PInar.