Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Triatlon Costa da Morte, podio no Campionato Galego de Dúatlón

Adrian Rojo Fran Pais e David Calzas do Triatlon Costa da Morte en Ferrol
Adrián Rojo, Fran Pais e David Calzas do Triatlon Costa da Morte, fixeron podio no Campionato Galego de Triatlón en carretera
O Triatlon Costa da Morte, podio no Campionato Galego de Dúatlón

Esta fin de semana disputábase o Campionato Galego de Duatlon de Estrada en San Cibrado das Viñas. O Club Triatlón Costa da Morte participaban con só 3 participantes, os xustos para a puntuación por equipos. Era a primeira vez que os costeiros, acostumados á montaña, participaban en “carretera”, pero non impediu que que conseguiran facerse co 3º posto na clasificación por equipos.

Fran Pais quedou no 12º, Adrián Rojo no 20º e David Calzas no 26º, conseguindo así un 3º posto espectacular.

Triatlon Costa da Morte en Ferrol 3

A verdade é que foi unha carreira moi rápida de inicio na que os nosos 3 triatletas completaron o primeiro 5000 en 16:43 cun ritmo medio de 3:19/km. Na bici formouse un grupo grande de 40 unidades no que se encontraban os nosos e que lle permitío facer un gran sector de bici. Os últimos 2500 metros a pé seguiron o mismo cauce xa que se corrio a un ritmo moi elevado, cuns tempos de 8:04 para Fran, 8:30 para Adrián e 8:40 para David.

Agora toca ir preparándose, entre outras, para o Duatlón das Letras de Baio; e para o Duatlón Eleuterio Balayo de Muros, que se celebrará o 27 de abril.

Triatlon Costa da Morte en Ferrol 2

Novas relacionadas

Comentarios