Un grupo de 30 cicloturistas abren a Ruta ciclista Muros-Mazaricos-Fisterra
Este sábado 16 de novembro, se vedes unha grupeta duns 30 “globeros” (dinse así os cicloturistas) non se asusten. Non é unha BTT, nin a Volta a Galicia. Trátase dunha excursión moi ben organizada por un grupo de amigos que pretenden abrir unha ruta ben fermosa dende Muros ata Fisterra subindo por Mazaricos.
O Desafío Muros-Mazaricos-Fisterra sairá ás 8:00h do porto de Muros (da Lonxa Vella) e chegará a fin da terra aproveitando as rutas xacobeas facendo uns 80km.
De Muros tirará ata O Pindo para subir polas Paxareiras, tocando o Camiño da Romaxe, pasando pola praia fluvial e o aeródromo de Mazaricos; unha incursión de Pedra Cabalgada, facendo parada gaiteira no Territorio Vákner, e de aí directos a Fisterra polo Camiño.
Unha excursión ben organizada, dun dúas furgonetas de apoio, xantar no Tres Golpes e bus de volta para poder gozar ao máximo do pracer de rodar, en grupo.