Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Víctor Santos e José María Lema tiveron unha gran participación na espectacular Ponferrada Lancaster Style

Victor Santos e Jose Maria Lema na Ponferrada Lancaster Style de tiro con arco
Víctor Santos e Jose Maria Lema na Ponferrada Lancaster Style
Víctor Santos e José María Lema tiveron unha gran participación na espectacular Ponferrada Lancaster Style

A Ponferrada Lancaster Style é unha ds probas de tiro con arco mellor organizadas de Europa. E non son palabras de Víctor Santos, que vemos no vídeo coma se fose un arqueiro medieval en plena faena.

Ademais da preciosa posta en escena, a fin de semana foi boa para os arqueiros do Club Dousxsetenta de Vimianzo. Víctor Santos e José María Lema acadaron resultados positivos e viviron unha fermosa experiencia. Ambos superaron o corte no round nos postos 5º e 16º respectivamente, clasificándose para oitavos de final. O presidente do club. Lema sufriu a mala sorte de enfrontarse ao rival máis forte, o portugués Nuno Carneiro, contra o que non tivo ningunha opción.

Vícto foi superando eliminatorias contra a zamorana Laura Merayo primeiro, e contra a galega Marta Guerrero, posteriormente. Na final a catro, supero primeiro ao madrileño Sergio Manzanares pero caeu no segundo choque contra o asturiano Miguel Méndez que, finalmente, se proclamou campión.

Granpapel en todo caso, para os dous que xa preparan a seguinte competición que será o sábado 23 no Trofeo Cidade de Narón.

Novas relacionadas

Comentarios