Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os dous clubs soneiráns xa participan na Liga Galega de tiro con arco

Manuel Santos do Dousxsetenta
O alevín Manuel Santos do Dousxsetenta na Liga Galega
Os dous clubs soneiráns xa participan na Liga Galega de tiro con arco

Xa está en marcha a Liga Galega de tiro con arco en sala. E nela participan varios membros dos dous clubs da Costa, o vimiancés Dousxsetenta e o baiés Su A Agra.

Por bando baiés, participaron e categoría infantil instintivo Lucas Suárez Santos e en categoría Senior Instintivo Manuel Tajes Formoso. Mantense de baixa o campión estatal Santi Soneira.

Jose Vázquez e Victor Santos do Dousxsetenta de tiro con Arco
Jose Vázquez e Victor Santos do Dousxsetenta de tiro con Arco

Pola súa parte bo cando vimiancés Víctor Santos, en categoría sénior; Jose Vázquez, en categoría cadete; e o alevín Manuel Santos.
Víctor Santos acadou unha boa 5ª posición nunha competición marcada por unha tremenda igualdade, na que os oito primeiros clasificados se movían nun pano de moi pouquiños puntos ata a parte final da competición.
Jose Vázquez non foi quen de atopar boas sensacións ao longo da mañá, acadando unha cuarta posición que sabe a pouco se atendemos ao nivel do arqueiro vimiancés.
E por último, o alevín Manuel Santos fixo unha moi boa competición indo de menos a máis e quedando a só tres puntiños do seu récord persoal de puntuación que lle permiteu acadar a cuarta posición.

E sen moito tempo para máis este próximo fin de semana desprázanse a Ponferrada Víctor Santos e José María Lema para participar nunha bonita e prestixiosa competición, o III Lancaster Ponferrada Style, onde se darán cita os mellores arqueiros/as do panorama nacional.

Novas relacionadas

Comentarios