Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre o prazo de inscrición para o XIII Dúatlon de Reis

XII_duatlon_vimianzo_6
Imaxe do Duatlón do ano pasado
Vimianzo abre o prazo de inscrición para o XIII Dúatlon de Reis

Vimianzo acollerá o vindeiro 9 de xaneiro o XIII Dúatlon de Reis e desde hoxe está aberto o prazo de inscricións, que poden formalizarse en www.fegatri.org.
Celebraranse por primeira vez unha proba específica para as categorías cadete, xuvenil e júnior, ademais das Sub-23, absoluta, veterana e por relevos puntuables para o circuíto galego.

Así, tamén volverán a celebrarse as probas de relevos por parellas en categoría masculina, feminina e mixta. Poderán participar non federados e non federadas con licenza dun día. A apertura de mesa será ás 8:30 horas e a saída do circuíto mozo está prevista para as 9:30 horas. A saída do circuíto galego está prevista para as 11:30 horas.
Seguindo o protocolo COVID-19, suprimiranse os servizos de vestiario e gardarroupa e só poderán acceder á zona da carreira os deportistas e persoal acreditado, xa que non se permitirá público. 

Na pasada edición resultaron campión e campioa absolutos Gabriel Castiñeira Pais e Mar Delgado González. 


 

Comentarios