Luns. 07.10.2024
El tiempo

O VoleiPraia e o Autocross invaden Carballo

Doble cita deportiva de alto nivel este verán en Carnallo. Por un lado Razo, xa coas pistas de volei praia instaladas, acollerá o Trofeo Luis Calvo Sanz, mentres que o circuito de Bértoa prepárase xa para o 13º Autocross do Campionato de España en Carballo.

VOLEI PRAIA E Autocross en Carballo
O VoleiPraia e o Autocross invaden Carballo

AUTOCROSS

Esta fin de semana dispútase o 13º Autocross do Campionato de España en Carballo. Haberá récord de participaciñón con 117 vehículos, tanto na historia do circuito como no circuíto estatal neste 2021.

A organización recae nesta ocasión no Club Rally Coruña, que conta coa colaboración do Concello de Carballo. En cumprimento das medidas de prevención da COVID-19, haberá límite de aforo. Reserva as túas entradas no teléfono 689844185.

Toda a información de horarios e demais en carballo.gal.

Volei Praia

A ADC Volei Praia Costa da Morte coa colaboración do Concello de Carballo organiza actividades arredor deste deporte nas 3 pistas habilitadas na zona da explanada de Razo dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto.

Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000. As pistas están dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas, pero tamén existe a opción de practicar deporte nas escolas de volei para todas as idades, a partir de 9 anos, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00 horas. E, ademais, o día 25 de xullo celebrarase o Torneo Fundación Luis Calvo Sanz.
Toda a info e inscricións, no teléfono 606 400 858.

Comentarios