Volve o tenis de mesa de alto nivel ao pavillón de Zas
10:01 01/12/22
Este vindeiro sábado volve o tenis de mesa de gran nivel ao pavillón de Zas. Por un lado enfróntanse os dous equipos de 3ª Nacional Grupo Centro invictos ata agora como son o AD Zas Ponciano Nieto e o Arteal Compostela 3. No equipo de Zas están xogando os da canteira como son Raúl López, Alex Blanco e Miguel Rey, que xunto coa fichaxe desta tempada Roi Sixto, profe en A Baña, fixeron un equipo potente como así o demostran os resultados ata agora. No equipo de Arteal figura un dos mellores xogadores de España na categoría alevín, Mateo Lois. Veremos partidos moi interesantes e competidos.
Por otra parte tamén haberá partidos das promesas femeninas, xa que o equipo de AD Zas Femenino se enfrontará aos dous equipos de Narón, estando en liza as promesas do tenis de mesa femenino tanto local coma galego.
Estes serán os horarios do sábado no pavillón de Zas:
3ª Nacional masculina grupo centro
- 17:00 h AD Zas Poncianno Nieto .- Arteal Compostela 3
2ª Nacional femenina
- 16:30 h AD Zas Femenino - Cidade de Narón
- 18:00 h AD Zas Femenino - Naron Femenino