Luns. 29.04.2024
El tiempo

1722km de solidariedade

 Alberto Castro e Jesus Garcia no Faro Fisterra
Alberto Castro e Jesús Garcia no Faro Fisterra
1722km de solidariedade

Esta pasada tarde de sábado chegaron ao Faro Fisterra Jesús García (Anllóns) e Alberto Castro (Ponteceso). Tras dúas semanas de viaxe solidario, chegaron á fin do mundo para recadar fondos, da man da AC Campo do Río, para a Asociación Española contra o Cancro.

Os dous ciclistas realizaron os 1722km do Camiño de Santiago se separan Lisboa de Fisterra, coa idea de conseguir 1 euro cada kilómetro, para doar na loita contra o cancro.

E tras moitas vicistudes, algunha lesión, algún momento de perderse… chegaron nunha emocionante chegada ao Faro Fisterra. Con gaiteiro e todo, unhas 50 persoas chegadas dende Ponteceso (entre eles o alcalde de Ponteceso a a teniente alcaldesa de Fisterra), para arropalos.

Así chegaban á fin da terra:

 

Facía ademais unha tarde espléndida, cun ambiente espectacular nun faro ateigado. De contado baixaron ata o porto a comer, e recuperar forzas. No restaurante abriron o porquiño, e se contaron un total de 1803,77€, máis do obxectivo.

A súa idea era ir en bici ata Ponteceso, pero se cadra a comida potente pesaba e preferiron montar as bicis no bus e volver contándo anéctodas a veciñanza!!

 Jesus Garcia e Alberto Castro en Fisterra

Así foron contando, en clave youtuber, a súa experiencia:

Novas relacionadas

Comentarios