Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dous pontecesáns fan o Camiño recadando un euro por quilómetro para o Cancro

Jesus Garcia e Alberto Castro
Jesus Garcia e Alberto Castro
Dous pontecesáns fan o Camiño recadando un euro por quilómetro para o Cancro

Jesús García (Anllóns) e Alberto Castro (Ponteceso) son dous amantes das dúas rodas, e levan facendo os diferentes Camiños varios anos. Este ano, xunto coa activa AC Campo do Río, van aproveitar (os seus gastos corren á súa conta) e facer unha acción solidaria: facer o Camiño de Lisboa a Santiago e Fisterra recadando 1 euro por cada quilómetro realizado e doar o recadado á Asociación Española contra o Cancro.

Serán uns 700km, e xa hai máis de 1.400 recadados antes de empezar, porque ademais das aportacións dos patrocinadores e da propia Asociación, onte na presentación xa abriron a hucha dos donativos e a veciñanza colaborou.

A anécdota no acto, presidido pola Asociación contra o Cancro de Cabana, puxérona os veciños da Asociación do Faro de Brantuas, que quixeron doar para outros 100km a maiores "por se se perden".

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Fisterra, que preparará algunha sorpresa, e o Concello de Ponteceso, que permitiu facer as camisetas. 

A primeira ruta será o día 7 de setembro, e dende a páxina de FB de Campo do Río, irán compartindo a aventura.

1 km-1 euro ponteceso

Comentarios