A Abellariza colle folgos para seguir armando máis actividades
Incorpora a Agrupación Deportiva Abellariza novos membros, nos proxectos e novas ilusións trala celebración da súa asemblea xeral ordinaria, celebrada o pasado venres. Unha cita que servir para confirmar a renovación da Xunta Directiva, que se completa coa incorporación como vogais de Jose Luís Grobas, Encarna de la Sierra, Daniel Rodríguez, e Pablo Lista. O resto da directiva queda como estaba con Óscar Moreira (Tesorero), Jose Ramón Bazar (Secretario), Miguel Amado (Vicepresidente), e Miguel Cousillas (Presidente).
En todo caso, e ante a baixa de dous membros, corroboraron a necesidade de ampliar a Xunta Directiva, recoñecendo iso si o traballo e dedicación de Juanjo Garcia e Manuel Varela, este último precursor da idea fundacional e artífice de que se continuasen xestións para a construción da pista no IES Ponteceso, proxecto iniciado e que levaba parado dous anos.
A cita serviu ademais para aprobar as contas e facer balance do curso. Un balance que deixa claro que a Travesía a Nado de Valarés foi unha das actividades máis destacadas.
Pero sen tempo a saborear o feito, xa se puxeron a armar novas iniciativas. A primeira será realizar a segunda etapa do Camiño dos Faros en dúas datas distintas e partindo o percorrido (Niñóns-Corme e Corme-Ponteceso). Pero ademais, este outono farán un magosto deportivo (estas dúas actividades patrocinadas polo Concello de Ponteceso).
En mente teén tamén unha carreira de obstáculos que se intentará levar a cabo antes de fin de ano.
Ademais, a sesión serviu tamén para modificar o estatutos para fixar o estatus dos socios, cambiar o domicilio social e ampliar o abano de actividades.
Novas relacionadas
- Abellariza e o deporte.
- Frenética actividade en Abellariza
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza