A agrupación deportiva Abellariza colle impulso
08:09 15/06/16
A canteira do Abellariza participou na III carreira pedestre de Ponteceso
Con menos de unha semana de vida, a Agrupación Deportiva Abellariza xa recibiu os seus primeiros éxitos logo de participar na III carreira pedestre organizada polo concello de Ponteceso o pasado domingo.
Dende a directiva, aseguran que foron moitas as persoas que os felicitaron por poñer en marcha o proxecto e que os animaron a que organizasen unha ruta BTT e andainas. Neste sentido, a agrupación deportiva Abellariza fará pública nos próximos días a súa programación da que adiantan que xa está incluida unha charla sobre a nutrición e o deporte impartida por Juanjo García, mestre de educación física no IES Ponteceso.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza